Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Ás veces, semella que Mortadelo e Filemón están baseados en feitos reais. Se atendemos ás cousas que suceden, un non sabe se sentir rabia ou vergoña. Pasamos de ser espiados pola maior potencia do mundo, a ser espiados por nós mesmos, e pasámoslle toda a información ao amigo americano para que a administre como crea menester. Un amigo, ao enterarse de que a NSA americana, adicaban a súa modernidade tecnolóxica a ver en que andamos metidos,  dixo que por fin eramos importantes. Pero frustrado ao coñecer o engano, despotricou do servilismo, da estupidez e da mediocridade. E non é para menos. Hai cousas que só pasan aquí. E suceden en Halloween ou Samaín, coma unha trama teatral de comedia bufa. De Guindos, tan serio el, di que temos que perderlle o medo ao paro. Pois que veña a dicilo nunha oficina do INEM en hora punta. Montoro segue de éxito en éxito, celebrando unha saída da recesión da que  nin as familias, nin  as empresas teñen noticia algunha. A sentencia de Estrasburgo indica que a forma de aplicación da doutrina Parot foi unha chapuza xurídica. E algúns, esquecen que o escenario do terrorismo, mudou e para sempre, polo que plans, políticas e  actores, teñen que ser outros. Sogama, subirá,  unilateralmente, os prezos nun 34%, e que os Concellos lla trasladen aos sufridos cidadáns... eses con salarios ultraconxelados e devaluados. Aos que levan os cartos fóra se lle premia con rebaixas fiscais, e aos sufridos emigrantes con pensións se lles chantaxea, acusa e ameaza. Nestes tempos, hai fotos de personaxes nas portadas de prensa, que dan máis medo que os vellos libros de fotos de defuntos.