Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

A RESURECCIÓN DOS NEANDERTALES

SiBoa lideira teñen montada certos expertos en bioloxía sintética, anunciando como o ADN converterase no material de construción do futuro, capaz de resucitar especies desaparecidas como o home de Neandertal. Para falar do asunto, compre dicir que o “Homo neanderthalensis” é unha especie extinta que habitou Europa e partes de Asia occidental desde fai 230.000 ata 28.000 anos atrás. Durante 5.000 anos crese conviviu paralelamente nos mesmos territorios europeos cos de Cro-Magnon, primeiros homes modernos en Europa. O pensamento tradicional afirma que esta raza non tiña noción do mundo simbólico. Hoxe en día mudou esta opinión e colle forza a idea do seu común co “Homo sapiens”. E, tamén, que puideron ter outro tipo de intelixencia. O asunto dá para moito. Opinión e discusión de todo tipo, non ía ser menos. Algunha con ton surrealista. No fondo probablemente está un elaborado marketing para vender determinado libro que trata sobre esta materia. Pero hai máis. Dunha parte están os que creen que sendo tecnicamente posible rematará por facerse. Non se fale máis. Do outro lado, os que antepoñen criterios éticos e morais sobre a lexitimidade para actuar deste xeito. Esta cuestión é parella ao debate sobre a clonación de seres humanos, unha vez probado noutro tipo de animais. E reparemos nos efectos secundarios e imprevisibles dun experimento de tal magnitude. Na polémica apélase a mitos da ficción, casos Frankenstein ou do Jurassic Park no que se producía un efecto semellante cos dinosauros. Algún pillabán dos negocios xa matina en crear un parque temático con esta especie. E deixan caer que o último territorio no que habitaron foi Xibraltar. Ben podería ser aquí, mágoa que sexa colonia británica. Postos a ver este futurible polo lado positivo, se é que o hai, a boa noticia é que os neandertales tiñan un cranio moito más grande do que ten o ser humano actual. Si a capacidade intelectual está en relación directa á dimensión da cabeza a resurrección desta especie pode traer unha nova clase dirixente que encamiñe a situación de crise na que nos teñen metido ministros do estilo De Guindos ou Montoro, caracterizados por unha faciana do tipo “cabezón” mais faltos do elemental sentidiño. Agardemos, pois, polo retorno dos neandentales. Haber si eles nos sacan desta.