Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

A LEXISLACIÓN ANTITERRORISTA

Confésolles que nunca acreditei na utilidade nin na xustiza da lexislación antiterrorista. Son dos que creo que compre acusar, xulgar e, se é o caso, condenar terroristas ao abeiro da lei que rexe para os restantes delincuentes. Dez días de detención, no canto de tres, constitúen unha barbaridade. O mesmo ca o espallamento dos presos lonxe da súa contorna familiar. Ou o mantemento dese tribunal de excepción que é a Audiencia Nacional, que sucedeu ao Tribunal de Orde Pública franquista e vulnera o dereito constitucional ao xuiz ordinario legalmente presinalado.

O alto o fogo de ETA é unha realidade e a sociedade está preocupada por outra caste de problemas. Velaí unha boa oportunidade para derrogar esta lexislación excepcional que  foille aplicada a varios galegos. É evidente que calquera violencia política non pode xustificarse e ha ser castigada. Mais o que resulta un exceso son as longuísimas penas impostas e a duración da prisión preventiva atendendo á natureza dos feitos, a presunción da existencia dunha banda xerarquizada, o afastamento dos presos de Galicia ou a criminalización das entidades sociais ás que pertencen. Porque o feito de que alguén cometa un delicto non autoriza para incriminar automáticamente ás entidades sociais e políticas ás que pertenza.

En democracia compre perseguirmos o delicto por medios proporcionais e compatíbeis cos dereitos humanos. Mais na persecución de determinados actos de violencia política en Galicia hai tempo que se sobardou toda medida e proporcionalidade.

a arrancadeira

A Coruña homenaxeu, como republicana do ano, á profesora Elvira Varela Bao, que dedicou á súa vida a formar en valores de liberdade, galeguidade e responsabilidade varias xeracións de alunos, aló no seu San Roque de Afora. Os país de Elvira, galeguistas e republicanos, sofriron a dura represión que caracterizou o trunfo franquista n’A Coruña.

Elvira é nai do grande músico Arturo Kress, autor, entre outras da banda sonora de “El bosque animado”