Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Non vos amoledes, seguro que non vai ser traizón, nin venderse, nin renuncia ós valores, nin sequera perda de identidade. Ó contrario seguro que se o facedes ben tendes permiso e recoñecemento da sociedade galega. Iso é a vosa función, servir ós galegos e galegas, para iso sodes un Grupo Confederal, para buscar o mellor para Galicia, ou non?
Galicia xógase moito na negociación dos orzamentos do Estado: financiamento, tarifa eléctrica galega, conexión corredor atlántico, carga de traballo das fragatas F100, AP9, transferencias, combustibles, recoñecemento como nacionalidade histórica...en definitiva calidade de vida para o Pobo Galego e recoñecemento. Non val ter envexa do PNV e de CC, compre actuar con dignidade e pragmatismo para servir a Galicia como ferramenta de cambio, onde se pode actuar, e onde se pode mudar. Lembro que sodes 5 deputados/as, que na actual situación do PP sodes exército.
A marcha de De Guindos e a máis que segura caída de Soraya non ven máis que a demostrar o cansazo do proxecto M. Rajoy, que como me temo leva a un salto de Feijoo que a todas luces vai camiño de cruzar os Ancares, situación que pode perpetuar ó PPdG sen moito esforzo. 
É hora da política con maiúsculas da que pode cambiar o panorama en todas as contendas. Seguro que tendes permiso, para cumprir a promesa que non sodes quen de cumprir, ser un grupo galego no Congreso. É hora de rachar as cadeas da Complutense e ser unha ferramenta ó servizo da Nosa Terra. Que diferenza a En Marea de PP e PSOE? Nada os centros de decisión están onde están. 
Mais non teño esperanza ningunha, a “Nova Política” é peor que calquera política anterior, os movementos vense dende lonxe, unha pena para Galicia estar ó servizo do líder supremo.
Sorte para Euskadi e Canarias, os avances deste período serán sempre valorados, logo virá o discurso fácil... son de dereitas... vendéronse... a xente sabe que non é certo son prácticos e pragmáticos e preocupados pola súa xente, aínda que non se senten en cadeiras en forma de circulo, que son para min o síntoma de que o líder quere ter a todos controlados e as costas limpas.
Galicia precisa unha forza válida sen mochilas e eivas, unha forza que poña a Galicia na situación que merece, niso andamos moitos.