Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Rematou a campaña electoral. Con ela, multitude de persoas asomaron, neste tempo, nas nosas casas pedindo apoio para levar adiante os seus proxectos. Algúns son vellos coñecidos no mundo político. Outros moitos, debutan nesta categoría e, pouco a pouco, irán deixando pegadas firmes na nosa convivencia. Seguro que unha porcentaxe determinada deles, rematará abandonando  barco e remos, ante a dureza do envite. Pero outros moitos, seguirán adiante, picados polo gusanillo de querer construír unha realidade nova, para os seus veciños e o seu pobo. A todos eles, grazas. Pola súa ilusión, e polo seu esforzo de intentar achegarse aos seus  conveciños, para explicarnos o modelo  de convivencia que desexan crear. Grazas por atreverse a dar un paso ao fronte e facerse visibles na defensa do público, nestes tempos difíciles, e facéndose así vulnerables. Por ter que soportar, moitas veces, maledicencias e algúns insultos. Pola valentía de querer mellorar as cousas, con pouco que gañar e moito que perder. Que reciban o noso agradecemento, como cidadáns que somos, e como veciños. Por querer asumir responsabilidades, na construción do pobo no que viven e senten cada día. Por pretender, para tod@s, un futuro mellor, resolvendo os déficits que hoxe temos e por pintar de esperanza os programas electorais. Grazas por facer verdade, unha vez máis, a democracia e o pluralismo político; por fomentar a participación e a diversidade de opcións ideolóxicas, nunhas sociedades heteroxéneas, como son as nosas.Hoxe, día 24, empezará un tempo novo nos Concellos. Xurdirán novas maiorías ou asentarán outras existentes, alternancia ou continuidade. Grazas aos candidat@s, e a todos os que adquiriron o compromiso de formar parte dunha lista electoral. Polo voso esforzo e dedicación, os cidadáns, pase o que pase, xa somos gañadores.