Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Foi este Febreiro un mes frío?. Si e non. Frío si que foi, porén nada comparable a esa referencia histórica que sitúa en 1956, e máis concretamente entre os días 17 e 23 , o momento no que toda Europa soportou a máis baixa temperatura do pasado século. Unha centuria caracterizada polo rigor no rexistro e tratamento de datos. Aínda hai estudos que van máis atrás no tempo para establecer outros límites máximos.  
E iso foi así por ese aire frío polar continental de procedencia siberiana que, ás veces, se instala nestes pagos occidentais para tomar unhas longas vacacións por causa dese paradoxo que representa a presenza dun anticiclón situado entre as illas británicas e Islandia e unha borrasca no Mediterráneo que non só bloquean e alongan a permanencia do frío sobre Europa se non que ademais engaden auga de chuvia que se converterá en neve e xeo. E, deste xeito foi como o termómetro marcou, arredor do 17 de febreiro de 1956, cifras baixo cero que fan tremer só de lelas. Moito máis de padecelas nas condicións dun tempo histórico de carencias e falla de recursos. Coa simboloxía dese momento histórico na meteoroloxía continental, demándase a declaración do 17 de febreiro como Día Europeo de loita contra a Pobreza Enerxética pola sociedade civil concienciada coa problemática do medio ambiente, e polas asociacións de consumidores e usuarios. Porque, aínda que mudaron radicalmente as condicións técnicas e a capacidade para soportar os rigores do frío invernal, mesmo en situacións extremas, “a pobreza enerxética mata física e socialmente”, tal como afirma o Comité Económico e Social Europeo en estudio sobre a carencia de plans para protexer aos consumidores vulnerables, asegurando o dereito social á enerxía fronte a práctica das compañías dos negocios de luz e gas que teñen cortado o fluxo do subministro a preto dun millón e medio de persoas incapaces de asumir o pagamento dun recibo que sube, e sube, mentres salarios e rendas familiares non fan máis que baixar e baixar. No Estado español poden chegar a catro millóns o número de familias con dificultade, ou imposibilidade, de afrontar o custo de manter a vivenda en condicións climáticas axeitadas.
Os estudos sinalan que arredor de sete mil persoas morren, cada ano, como consecuencias dun frío evitable. Grave situación. A Plataforma por un Novo Modelo Enerxético chama á mobilización para reclamar medidas urxentes que afronten o problema. A enerxía non é un luxo, é un dereito.