Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

F ai poucos días que comezou o 2016, e polo visto ata o de agora empeza cas mesmas costumes que o 2015 e anteriores. Todos enviamos mensaxes de “ilusión” e “esperanza”, baseados en que o novo ano que debe comezar o faga para mellor, e non so no particular, tamén no colectivo debe mellorar para que medremos coma sociedade. Pero aínda sen esgotarse a primeira semana deste ano xa volven a incluír nos foros de debate dalgún medio de comunicación, o que na miña humilde opinión son temas carentes de importancia, tendo en conta a que esta caendo, ou cando menos non son os temas que mais van influír no noso futuro como sociedade. 
Estoume a referir ao debate aberto nalgúns medios de comunicación sobre as vestimentas empregadas polas Máxicas Maxestades na cabalgata de Madrid, ou sobre si debían ou non ser femininas as Máxicas Maxestades de Valencia, alegando que é un atentado contra a tradición. Debates que tratan de atacar as novas formas de actuar dos rexedores municipais  que non sexan saídos do “Imperio” bipartidista. Ao mesmo tempo negase ou dificultase o debate sobre medidas coma a eliminación de palcos para os “amigos VIP” dos anteriores gobernos municipais de Madrid, que tamén eran tradicionais, e para ben da sociedade estes gobernantes municipais en Madrid danlle preferencia aos nenos e nenas con algún tipo de problema, para que poidan desfrutar do día dos Reis Magos como se merecen, deso non interesa falar. En realidade, utilizan o tema das túnicas como unha venda diante dos nosos ollos para que non vexamos as cousas importantes.Por elo, dado que eu tamén estou cheo de bos desexos para o 2016, non me podo deixar levar por estes debates insulsos, que cuestionan o irrelevante, porque entre outras cousas está promovido por persoas que parecen antepoñer o cumprimento das tradicións antes que as leis das que nos dotamos para a nosa convivencia. E dígoo así, pois considero que defender as nosas tradicións e importante, claro que si, pero tamén as que forman parte da nosa Cultura, a nosa lingua, os bailes rexionais, a literatura galega etc., e incluso as representacións do Reis Magos, ou tal vez aquí en Galicia o Apalpador, que dubido moito que alguén saiba como eran as súas vestimentas naquel entón, dado que aínda existen moitas teorías sobre a procedencia das propias Maxestades. Pero tan importante coma a tradición, ou máis, e cumprir as leis das que nos dotamos, e facer que estas leis garantan a xustiza no mais amplo grado e concepto social do termo. 
Por elo a estes alentadores do debate sobre túnicas e vestimentas dos Reis Magos, pregúntolle si están preocupados polas vestimentas que poden utilizar moitos nenos e nenas de familias sen recursos, ou que eses nenos e nenas teñan una vivenda na que os Reis Magos lles poidan deixar os seus regalos, ou si están preocupados porque todos os nenos e nenas teñan a ilusión e a posibilidade de recibir os regalos que seguro que se merecen. E si e así, si están preocupados, pídolles que arremetan contra os gobernos que ano tras ano fan caso omiso ao mandato Constitucional, que prometen cumprir cando toman posesión do seu cargo,  refírome aquel que di que todos os españois temos dereito a desfrutar dunha vivenda digna e traballo digno, que promovan os debates sobre o grado de cumprimento da Constitución nestes aspectos, e non so no referido ao debate autonómico.
Pero dado que empecei dicindo que todos desexamos que exista ilusión e esperanza para este 2016 que acaba de comezar, debo destacar que os mesmos feitos que me indignan son a proba evidente de que hai cousas que están cambiando, e eses cambios son os que pasiño a pasiño remataran cunha forma de facer política que,”tradicionalmente” enchese de corrupción, debe mudar, e está mudando  para poñerse ao servizo da cidadanía, sobre todo da mais desfavorecida, pois do contrario non acadaremos a xustiza nunca.
Por elo, da mesma maneira que a ilusión dos nenos e nenas non depende das túnicas dos Reis ou Raíñas, se non do que representan as Magas Maxestades, capaces de captar a ilusión dos mais pequenos e trasladarse por un momento a ese mundo máxico onde todo e posible, incluso percorrer o planeta enteiro deixando agasallos en todas as casas. De esa mesma maneira, os que xa non somos tan pequenos, debemos repudiar debates baleiros e interesados, e  debemos conservar a Ilusión en que no 2016 se sigan dando pasos para acabar cas desigualdades de todo tipo, pero non confiando na maxia, traballando e aportando todo o que poidamos para que iso se produza. Por elo no 2016, renovamos o noso compromiso de seguir facendo propostas que melloren a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas, e o único que confiamos á “maxia” do cambio de ano e que estas propostas non queden no caixón do Goberno municipal, e confiámonos a “maxia”, pois ata o de agora, demostrouse, que o de confiarse a vontade política de quen goberna non funciona. 
*Voceiro do grupo Municipal de Esquerda Unida en Vilagarcía.