Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

O silenzo é moitas veces un aliado natural da serenidade, a reflexión e a creatividade. Outras, pola contra, pode ser un síntoma de desapego e de inexistencia. O Papa Francisco fai ben en falar, e ben alto, contra a pederastia e os pederastas no espazo que lle compete. Os silenzos, neste caso, podían entenderse como unha complicidade que seguro moitos ( a maioría) nin pretendían, nin compartían. A creación de Tribunais específicos é unha toma de postura que ninguén antes ca el, atreveuse a formular. Os tempos de Institución ou razóns de Estado ( secretismo) e dos beneficios dalgúns (sectarismos), tocaron ao seu fin. Se a transparencia, a claridade son o buque insignia destes tempos, o Vaticano de Francisco, empeza a trazar rumbos correctos e na boa dirección. Tamén Felipe VI, no seu intento de distanciarse da parte manchada da (ex) familia real, racha co silenzo e toma medidas de exemplaridade que, aínda que tardías, non deixan de ser xustas e necesarias. Retirarlle o Ducado de Palma a súa irmá, debeu ser moi duro, pero o descrédito da institución que pretende reflotar, era xa demasiado grande como para andarse con chiquitas. A sombra da República é alongada, e a grandes males haberá que impoñer grandes remedios. Felipe González segue pisando charcos. Puido quedarse detrás da realidade, na mera observación silenciosa, pero asumiu un compromiso activo de defensa dos que seguen a sufrir condenas por pensar diferente. Non foi doado, manchouse e foi vilipendiado por activa e por pasiva. González, con luces e sombras, é por riba de todo un demócrata.  Ás veces a defensa do evidente e do xusto, non é tal para aqueles que só  ven a palla no ollo alleo.