Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Os recordos e lembranzas son imaxes do pasado que se arquivan na memoria. Sérvennos para traer ao presente algo ou a alguén. Defínense tamén como unha reprodución de algo anteriormente apreso ou vivido, polo que están vinculados coa experiencia. As conexións entre neuronas da cortiza son estimuladas pola información e se fortalecen e vinculan ao contexto emocional en que se formaron. Unha vez codificadas residen na rexión cerebral na que a información foi percibida e procesada. Cando sexa necesario, ou suscitado pola emoción, esa memoria actívase para utilizarse como memoria de traballo. Segundo a psicanálise, o aferrarse a un recordo pode xerar depresións e, en casos extremos, incluso unha ruptura coa realidade. Así, unha das patoloxías ou alteracións da memoria é a chamada Dismnesia, alteración cuantitativa que produce case sempre unha redución da memoria e imposibilita evocar un recordo nun momento dado e provoca outros en forma borrosa ou pouco nítida. Pode ser inducida adrede. Este pode ser o caso do presidente Feijoo, á vista das primeiras explicacións, dadas por el, en relación ás fotos publicadas en prensa sobre as súas andainas náuticas e de turismo variado en compaña pouco recomendable. Así debe entenderse o dito sobre a viaxe ao pequeno principado de Andorra que logo resultou ser aos Picos de Europa. Comprensible sobre todo porque distan entre si menos de mil quilómetros e o primeiro mandatario galego, como grande estadista que é, móvese en referencias moito máis grandes. Ás veces ata siderais. Certo é que a mala memoria do presidente, na apreciación do lugar de recreo, semella máis ben un xeito de saír polos Cerros de Úbeda. El só reparou na neve, o do lugar ¿qué máis dá? Insidias dos inimigos. Por este mesmo proceso de dismnesia tampouco é apreciable si a tal relación rematou cando el di ou continuou no tempo. O cabeza de goberno da Xunta é persoa atrevida á hora de moverse. Nada temeroso das consecuencias. Recordemos a súa viaxe no “Paxariño Novo”, o avión privado doutro peculiar amigo da diáspora que o levou en campaña electoral de Uruguai ata Arxentina. E do xabaril que esmendrellou o coche oficial en terras de Lalín. Pobre animaliño, alí ficou esmagado. A mala memoria de Feijoo é perigosa.