Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Nestes intres segundo as estatísticas, en España hai tres millóns de persoas na máis extrema pobreza; seis millóns de parados e centos de milleiros que non reciben ningún ingreso para a súa supervivencia. Non encanto, os executivos do IBEX repártense 135 millóns de euros, a corrupción aflora en casos de xente da clase política e poderosa que roubaron do carto público. Unha banca irresponsable recibindo miles de millóns de euros dos impostos dos cidadáns, onde o goberno actúa con toda a crueldade contra todo aquel que proteste.

Non se pode ser tan vil, rastreiro, furricallo e con miolos apodrecidos, para cualificar aos da Plataforma de Afectados pola Hipoteca e aos das Preferentes, concretamente polo apupar (escrache), de persoas preto ao entorno de ETA. Este goberno está chegando a tódolos despropósitos, eles son os responsables do que lles está pasando intentado ante a opinión pública ser vítimas, sendo os causantes do apupar que lles están a facer. Este goberno está facendo apupar a esta “democracia”, fixéronos apupar nas prazas, nas rúas, centos e centos aos cidadáns con violencia policial a golpes de porra, pelotas de goma, patadas e detencións indiscriminadas, recortes, insultos desde o Parlamento berrando “que nos jodamos”, insultos á intelixencia e decretos leis. Permiten o apupar aos cidadáns dunha banca apodrecida e miserable impoñendo unha lei inxusta, xa o dixo Bruxelas da inxustiza desta lei. Ou sexa, este goberno leva facendo apupar un día tras outro e con decretos leis cada venres de “pasión”. De tanta indignación, non tardou en chegar esa organización de protestas nos despachos e domicilios de algúns políticos que consideran responsables da política económica que nos leva a un pozo sen fondo.

Agora saen criminalizando o apupar, facendo unha cortiña de fume para desviar a corrupción que leva dentro do seu bandullo o partido de goberno. Non teñen ningún interese en atopar a solución ao orixe destas protestas, seguen dándolle largas á realidade, seguen chamándonos criminais en vez de cidadáns. Seguen aumentado a pobreza, desigualdade e o paro. Seguen deixando que á xente os estafen a voten á rúa e os verdadeiros ladróns andan soltos, ata inclusive o Bárcenas pode escoller xuíz.