
“Os Bolechas”, as personaxes televisivas máis queridas polos máis pequenos da casa, pecharon onte a xira de Nadal no Auditorio de Vilagarcía.
Os seis irmáns, acompañados do seu can Chispa, ofrecerán un espectáculo que tamén fixo as delicias dos maiores.
E é que o Auditorio vibrou da man das aventuras máis destacadas desta peculiar familia poñendo así o broche final ás vacacións máis máxicas dos rapaces que hoxe mesmo voltan ás aulas. n f.f.




















