Un xogador do Atlético Riveira foi brutalmente agredido despois de mediar na liorta dun compañeiro

Un xogador do Atlético Riveira, Madiop Ndao, de 23 anos e natural de Senegal, atópase convalecente das feridas que sufriu nunha brutal agresión rexistrada en torno as seis da madrugada do sábado, tras mediar na liorta na que se viu implicado un compañeiro, que recibiu un botellazo nunha orella e que lle provocou una notable brecha, polo que lle tiveron que aplicar varios puntos de sutura. Aínda que polo de agora non presentaron a denuncia formal sobre os feitos, a Policía Nacional xa é coñecedora dos mesmos despois de que desde o Hospital do Barbanza lle deron traslado do ingreso dunha persoa agredida, e xa lle tomaron declaración ás víctimas no complexo asistencial de Oleiros.
Segundo comentou un dos agredidos, Papa Diatta, de 22 anos e natural de Senegal, eran as seis menos dez da madrugada do sábado e regresaba de orar na mezquita ubicada na zona do Monumento cara a súa casa na Rúa Pérez Galdós e cando lle faltaban 5 metros para chegar ao portal foi abordado por un individuo de 25 a 27 anos, de complexión delgada e baixiño, ao que non coñecía e que estaba completamente borracho. De feito, recorda que non era capaz de entenderlle o que lle dicía, ademáis de que non lle prestaba moita atención, pois o que quería era ir para o seu piso.
Aínda que Papa Diatta pasaba do mozo, este era moi insistente e acabou poñéndolle unha man no peito, nunha actitude provocadora. Díxolle que non lle entendía nada e pediulle que se quitase do seu camiño, pero empezou a apretarlle aínda máis coa man no peito e acabou por golpealo cun botellín de cervexa na testa, á altura dunha orella, pola que empezou a manar abundante sangue. Entón, foi cando decidiu defenderse e bateulle na cara dun puñetazo e tamén empezou a sangrar, polo que nese intre interviu o seu irmán menor que se atopaba xunto a él e unha rapaza pero nada máis atacar a Diatta, este último bateulle no nariz. Papa Diatta sospeitou que puideran levar algunha arma coa que agredilo e foi a súa casa na busca do seu compañeiro Madiop Ndao, que chegou a Riveira hai catro anos e medio despois de que o trouxera o Atlético de Madrid a España para fichalo. O lateral ou interior do clube riveirense baixou para tratar de calmar as cousas e dicirlles que parasen a liorta, pero os opoñentes non se calmaban. De feito, Papa Diatta relatou que o irmán maior rompeu dun puñetazo o cristal da ventanilla dianteira dun coche e tentouno coa traseira dunha patada, pero sen éxito.
O oponente de menor idade parecía decatarse de que nin os dous xuntos eran capaces de facerlle fronte a Diatta, polo que tamén lle pediu a este último que non lle fixera nada, pois él só saiu en defensa do seu irmán. Parecía que as cousas se calmaran e os dous amigos marcharon cara ao centro de saúde para curar as feridas. Pero ao chegar a altura de Avenida Rosalía de Castro, o irmán de maior edad se plantou diante de Madiop Ndao e, tras pedirlle que parase, golpeoulle cunha barra e votouse para atrás. Diatta cree que era de ferro, pero ao partir en dous cachos fai pensar que podería tratarse dun material bastante máis brando. Pero, de todos os xeitos, causoulle unha profunda ferida. Ambos chegaron andando ao centro de saúde, desde onde o 061 o levou ao hospital.






















