
Fredi Bea tenlle fe a estas eleccións e confía en que os cidadáns do Grove recoñecen o traballo que leva feito nestes anos. Compara as eleccións cos ciclos olímpicos, que tan ben coñece, nos que en catro anos hai que trabalar e entrenar para, ao final, chegar á meta, que nesta etapa da súa vida está no 24 de maio.
Satisfeito co traballo realizado?
O noso programa, no ámbito de deportes, medio ambiente, seguridade cidadán e limpeza está colmatado nun 90%. Ninguén se pode presentar nin na anterior lexislatura nin nesta con tanto feito coma nós.
Quedou algo pendente?
A administración é tediosamente lenta. Podennos quedar pequenas cousas que estamos rematando agora. Por exemplo, o maquinillo para limpar as rúas ainda o vamos utilizar mañán.
Está a intensificar o ritmo de traballo estes días?
Non. Agora teño que estar pendiente tamén da campaña pero nas miñas competencias manteño o ritmo de sempre.
É esa a principal diferencia cos seus compañeiros de goberno?
Pois non o sei. Eu so aplico a misma filosofía que adquirín do mundo do deporte: levantabame todos os días para dar o máximo e o domingo descansaba. Casi vinte anos da miña vida foron así. Nos ciclos olímpicos, que son de catro anos tamén, vas planificando o traballo para chegar, no último a un resultado: o triunfo.Fixen o mesmo na política e o rendimento verémolo nas urnas pero ue chego á meta co 90% dos proxectos feitos.
Tanto traballo e un so concelleiro, que está fallando?
O Grove é especial. Todo o mundo me recoñece que hai un traballo espectacular feito pero que este pobo está moi politizado. Sempre se di que nas municipais se vota máis á persoa que ás ideoloxías. Pero aquí non é así. Eu confío en que desta volta ese xogo se rompa e que os veciños valoren o traballo dos seus candidatos para mellorar a súa calidade de vida.
Cree que si se presentara baixo outras siglas conseguiría mellores resultados?
Por desgracia si porque a xente en vez de fixarse no traballo do xestor quedase no envase, non na calidade do producto. Os dous envases dixeron porto deportivo, desdoblamento da vía rápida, centro de día. E nada de eso se cumpliu, levan enganando máis de 20 anos. Eu penso que con bos xestores e sen necesidade do “tío Sam” poden conseguirse moitas cousas, como un auditorio e unha piscina.
Resulta fácil gobernar con administracións afíns aos socios?
Os primeiros dous anos meus de goberno, co PSOE e o BNG na Xunta, veu Touriño aquí a prometer montes e moreas pero o único que lle sacou algo fun eu: a varredora. E despois chegou o PP e saqueille a unidade de promoción do exercicio, o parque biosaludable para Peralto e 30.000 euros para as pistas do Monte Central.
Da Deputación sacou algo máis, non?
Hubo un pacto de Goberno e hai que estar moi enriba del para que se cumpla. No campo de fútbol cambiouse o cesped gracias a que collín ao presidente da Deputación cando veu ver os destrozos do temporal en Virxe das Mareas.
E o pavillón, tanto uns coma outros votaron en contra. Aquí teño ben claro quen traballou por el . E si o PGD non estivera levando ese tema hoxe non estaría aí.
Tamén conseguimos un ano de contrato de Protección Civil e eso é fundamental porque senón a meirande parte das actividades que organizamos non se farían.
Que hai de real nesa sona que ten Fredi Bea de seren un pesadelo para os seus compañeiros de goberno?
Hai que ser esixente co pacto cos veciños. Eu non sei outros o valor que lle dan á súa palabra; a miña cos cidadáns é un contrato. Eu teño un pacto de cabaleiros co meu pobo. Vimos aquí a enganar? Eu non. Esixente? Co primeiro con quen o son é comigo mesmo. Si tiven algo cos compañeiros foron “toques de atención” porque tiñamos que facer o acordado.
Parece que hai certa crítica aos compañeiros de Goberno sen embargo nunca fixo público ningún desencontro, por que?
Por lealdade. Si eu tiven algunha reflexión que facerlles nunca foi persoal, pero aquí non vimos a enganar a nadie e temos que traballar para cumplir.
Atreveríase a tratar de aprobar outro PXOM?
Tratar? Hai que aprobalo. Estamos coas normas subsidiarias paralizadas e temos que telo si ou si
Non é tarefa fácil
Hai que ser valente. Hai un acordo aprobado polo Goberno e máis pola plataforma e sabemos o que hai que facer. Pero para cumplir hai que traballar. Hai que ter planificación e traballo diario e así, entre todos, sacamos o PXOM. Ese ten que ser o obxetivo do alcalde ou concelleiro que leve urbanismo. É prioritario e é o que nos vai permitir ter suelo industrial, seguridade xurídica, etc. O PXOM non sei se ten que ser de mínimos ou non, dependerá do que salga das reunións con todo o mundo, pero o que hai que ter claro é que hai que sacalo.
Está dacordo co Cicri?
Non vemos ben que non teña aparcamento soterrado pero como Centro de Interpretación de Carpintería de Ribeira sería todo un referente.
Apostaría por un pacto que garantice a gobernabilidade?
Calquera cousa menos volver ao pasado. Todos os gobernos de minoría foron os que menos fixeron polo pobo. No 2007 as tasas ainda estaban en pesetas e levaba xa anos o euro funcionando. Defender eso é apostar polo pasado, polas guerras nos plenos e a falta de goberno.
Estes 8 anos, ainda sendo os da recesión, foron nos que máis cousas se fixeron tanto no ámbito lexislativo como no económico e no logro de instalacións, polo tanto, nós, vamos a apostar por un goberno estable.
Descartades algunha sigla?
Nós a ninguna. Si outros o fan paréceme moi respetable.






















