Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
O Salnés

A comparsa Armonía cumpre un cuarto de século e vólcase cos máis necesitados

A comparsa Armonía de A Illa de Arousa é unha das máis veteranas na localidade e na comarca. Este ano cumpre nada menos que un cuarto de século, 25 anos que dan para moito e polos que xa pasaron varias xeracións de membros.

Carlos Escaloni, o seu director, é o único integrante fundador que aínda segue na formación e estes días reúne a todo o grupo, unhas corenta persoas, para ultimar os ensaios previos ás festas de entroido.

Pero a actividade do colectivo non se limita só a este periodo do ano, xa que nos últimos anos veñen participando en actos de animación en asilos e xeriátricos da comarca e en actuacións en varios concellos da provincia.

Por se fora pouco, agora tamén axudan a colectivos sociais como Cáritas, coa organización dun festival no que poder recaurdar en favor desta entidade.

Armonía actuará o vindeiro domingo 17, ás cinco e media da tarde, no auditorio municipal, no día no que as comparsas tomarán as principais rúas do municipio. No desfile participarán, ademais, MDA e O Cano, que volta a saír despois dunha década de parálisis. Rumorosas, porén, tomarase este ano de descanso.

Os de Armonía tamén preparan unha homenaxe a Pepe Barral, mítico compositor cuxas letras inmortais aínda son hoxe recordadas. E segue a pulir o himno que conta as excelencias de A Illa de Arousa e, dende a súa presentación hai uns anos, pretende converterse na “Rianxeira” isleña, coa que rematan todas as actuacións.