Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
O Salnés

“Os insultos e as coaccións animáronme a seguir, para non permitir que iso triunfe”

0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica

Carlos Chaves ten 46 anos. É bateeiro, veciño de O Campo e probablemente un dos edís que soportou unha lexislatura máis dura, padecendo os ecos da xornada de investidura. Nalquel día tivo que saír do Concello escoltado ata a súa casa polo acoso de veciños simpatizantes do PP tras o apoio do BNG ao PSOE para formar goberno. Agora volve por terceira vez a encabezar o proxecto nacionalista na vila.

O BNG negociou con EU para ir nunha única lista, pero non foi posible. Por que?
Foi cuestión da marca.Cando falamos dese tema co BNG comarcal, avalaron a de BNG-Asambleas Abertas. En EU dicían que concorrer baixo esas siglas era diluir o seu proxecto e por iso non foi posible. Eu enténdoo. Pero tamén que nós deberiamos seguir camiño avalados polo BNG a nivel comarcal e nacional.

Pode EU converterse agora nun inimigo que roube votos?
Noutros procesos si tiven feito cábalas. E téñome enganado moito.  Pero neste intre é dificilísimo facer un diagnóstico. As catro listas temos cousas a favor e en contra e non sei cales van pesar máis: Cabreos, proxectos, novos nomes, máis edís... É todo incerto.

E, malia todo, decide volver ser candidato, pese ao inicio convulso da lexislatura...
Iso aínda colea.

Coleou todos estes anos?
Sobre todo ao principio. Foi durísimo. Houbo un acoso bastante forte. Tiven que escoitar insultos, descalificacións nos plenos, calumnias... Todo para machacar. Así durante uns anos ata que nun pleno tiven que dicir ao portavoz do PP que me parecía un desvergonzado. Cabreouse moito, pero polo menos parouse todo iso.
Pero a cousa saltou fóra dos plenos? Ao día a día na vila?
O do día a día foi o primeiro mes. Viña de traballar e ao mellor había xente nunha terraza... Non cho dicían na cara, pero oías “aí vai ese monte de merda”.

Xente, logo, que non sabe separar a política do resto das cousas, as que importan.
Hai xente que simplemente é como é: Radicais, fascistas que queren impoñer esa ideoloxía... Unha das cousas que me animou a seguir estes anos foi pensar que non podes permitir que isto triunfe. Por moi mal que te sintas. Non podes permitir que se empregue a violencia para impoñer o seu. Diríao exactamente igual se fora outra facción política. Dame igual. Isto hai que borralo. Aquí nos primeiros anos da Democracia vivíuse unha situación moi tensa entre a esquerda e a dereita, familias nas que pelexaron entre irmáns, con ameazas de morte, conatos de violencia... A incomprensión. Hai que convivir doutro xeito.

O Parlamento condenou aqueles actos de hai catro anos. A nivel local houbo desculpas?
Nada. Pero sinceramente, eu isto zanxeino. Non volvín falar disto. Quen si se empeñaba en conseguir unha desculpa foi o alcalde, en varios plenos recriminando ao PP. Pero os xestos a min danme igual: Se ves que as cousas no día a día tranquilízanse, pois xa está. O problema é cando ves que non se normalizan e segue o odio.

Se o día 24 o BNG volve ter a chave de goberno, que fará?
Ata o 25 non me atrevo a dicir nada. Desde quedarte sen representación ata facelo cun grupo forte, pode pasar de todo. Cremos firmemente que estaremos na Corporación, pero quen sabe? As situacións son sempre diferentes.

Nesta lexislatura, que se conseguiu sacar adiante co apoio do BNG ao goberno?
O principal foi establecer unha relación que non había co PSOE, que sempre mantivo cos demais grupos unha postura moi tensa. Creo que logramos un clima de diálogo positivo. E a política do PSOE mudou: Dunha de gasto continuo, despilfarro, que sempre criticamos, a outra social, coa caixa de financiamento e o plan de emprego. Niso non había moito que discutir, porque é algo que o BNG apoia en tódolos ámbitos.

E que lle falta a A Illa?
Moitísimo a nivel de infraestruturas. Pero mentras o PP siga na Xunta vai seguir así. O porto é fundamental, pero é o goberno autonómico o que non quere poñelo en condicións. Os colexios, igual, con tasas altas de natalidade e sen cartos para amplialos. E aínda lle quitan profesores.

Todo isto vai no programa?
Si. E máis: Necesítase un pavillón deportivo, recuperar as casas do Campaneiro e Goday, ampliar a cobertura social, o apoio ás entidades económicas, ao mar, as políticas de emprego,  formación... E o centro de saúde, que non é terceiromundista, pero segundomundista seguro que si.

0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos