Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Vilagarcía

Vilaxoán repartirá un millar de racións na festa do Porquiño á Brasa

0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos

O concelleiro de Turismo, Manuel Tarrío, e o presidente do Club de Remo de Vilaxoán, Feliciano Suárez, presentaron onte a VI edición da Festa do Porquiño, o evento gastronómico co que a entidade pretende recadar fondos para financiar a actividade dos remeiros. Unha cita que xa está plenamente consolidada no almanaque dos vilagarciáns, amantes do bo comer.
A festa celebrarase o vindeiro domingo no centro socio cultural e deportivo do Preguntoiro. A organización ten previsto cociñar porquiño á brasa para unhas 800 ou 1.000persoas atendendo á afluencia rexistrada noutros anos. Ademais do porquiño á brasa, o menú componse de empanada, pan e sobremesa, e o prezo do prato é de 12 euros.
Aínda que o obxectivo principal da Festa do Porquiño é recadar fondos para o Club de Remo, a entidade tamén pretende con esta festa celebrar o patrón de Vilaxoán, o San Martiño, e contribuír á dinamización do pobo atraendo xente e visitantes para participar nesta cita gastronómica. Para a organización da Festa, o club conta coa colaboración do Concello que, a través da Concellería Turismo, facilítalles a loxística e a difusión do evento.
O concelleiro de Turismo animou aos vilagarciáns e veciños dos arredores a participar nesta festa xa que con elo colabórase cunha boa causa que é a de fomentar un deporte tan arraigado en Vilaxoán como é o remo e que tantos éxitos está a dar. O Club de Remo conta tamén coa colaboración do Fogar do Espeto, que será quen se encargue de cociñar os porquiños dispostos para a ocasión. Os pratos comezarán a servirse a partir das 13 horas e a festa prolongarase ata entrada a tardiña xa que haberá grupo musical para amenizar o almorzo e o baile da sobremesa.  
Os interesados en formalizar reservas de mesas para grupos poden facelo chamando aos teléfonos 677 550 323 ou 678 315 456. O domingo na Festa do Porquiño tamén se poderán adquirir os tickest en taquilla ata esgotar as existencias.

0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara