Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
O Salnés

Volveron as xaneiras, mantívose a solidariedade

0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara

A poucas horas xa do Nadal os escolares do Salnés volveron onte a celebralo por adiantado cos seus compañeiros de pupitre. Houbo de todo, dende festivais en todos os pobos do Salnés ata a recuperación de tradicións perdidas no paso do tempo. E isto último abanderouno este ano Meaño. Mellor dito, o colexio As Covas, onde os seus preto de 170 alumnos montaron en autobuses para repartírense polas parroquias, a cantar porta a porta as xaneiras, os cantos de Nadal, como facían hai anos os seus avós.
A iniciativa culminou cunha festa na Praza do Concello e o director do centro, Paulo Nogueira, non podía estar máis satisfeito pola implicación de todos, nenos, pais, mestres e veciños. Algúns ata abriron as portas da súa casa, acenderon os fornos e prepararon pizzas, empanadas e chocolates para os cativos. Así da gusto.

cambados e ribadumia
En Cambados, o colexio Salesianos organizou no seu programa navideño unha nova operación Quilo-Litro, na que todos aportaron algún alimento non perecedoiro, víveres que se entregarán agora a Cáritas de Castrelo, para o seu reparto entre quen máis o precisa. Non faltou tampouco o chocolate quentiño, con churros, cortesía da ANPA, nin as panxoliñas, músicas da época que tamén soaron no auditorio de Ribadumia, onde os nenos do Colexio Rural Agrupado (CRA) tiveron a súa festa. Alí houbo desde apalpador ata contos en inglés.

0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica