
Fai xa 40 anos que un grupo de veciños de Xil decidise dar forma ao que agora é un dos clubes de fútbol máis lonxevos da comarca. Aquel verán de 1973 naceu o Xil Club Deportivo, unha entidade que viviu a súa mellor época a finais dos oitenta e principios dos noventa, cando militará tres tempadas consecutivas na Segunda Rexional, logo do ascenso na 87-88. Xunto co momento do seu nacemento, ese ascenso é o fito máis destacado nestes 40 anos de historia dun equipo que certamente leva xa bastantes tempadas nunha profunde crise de resultados, sen consolidar un proxecto ambicioso. Pero a carencia de vitorias e éxitos deportivos nunca tivo como consecuencia a desaparición do club, nin tan sequera un mínimo amago. E eso é a gran diferencia entre o Xil e outros moitos equipos que non teñen unha historia tan grande detrás. Nesta parroquia meañesa sempre aparece alguén disposto a levar adiante ao seu equipo de fútbol, que é unha parte moi importante do patrimonio da localidade.
Este ano o máximo responsable da entidade é Ricardo Pardo Pérez, que cumple a súa segunda tempada como presidente aínda que xa fora vicepresidente e directivo durante oito anos. Xunto a él un grupo de persoas que manteñen viva a historia do Xil e que teñen a ambición de que o seu equipo poida, nun futuro cercano, achegarse a aquel que a finais dos oitenta foi o orgullo da parroquia. Desde fai xa uns anos a xuventude é o camiño elixido no equipo, contrariamente ao que pasou noutras épocas na que se apostaba máis por xogadores veteranos. Xuventude que comeza polo propio adestrador. A directiva escolleu a un home da casa, Pichi, un ex xogador do Xil e doutros equipos da comarca, coma o Sanxenxo, donde militou varias campañas. E xunto a él un elenco de xóvenes con ganas de aprender e medrar da man do Xil.
Pero o clube ten dous obstáculos principais que lle impiden medrar. Un é a falta de canteira. Problema ao que empeza a dárselle solución coa creación da Escola de Fútbol de Meaño. O outro apúntao o propio presidente: “Temos un campo de fútbol de terra que representa un obstáculo á hora de atraer xogadores para o noso equipo”. A instalación de Boavista foi mellorada, pero está lonxe do atractivo que representan todos os campos novos ou renovados dos arredores. Por iso a directiva está tratando de poñerlle solución conseguindo a instalación de herba sintética e a conseguinte mellora estructural do campo. Un campo que foi inaugurado tamén fai 40 anos cando uns veciños donaron os terreos no monte para que o novo equipo puidese ter unha casa. A cal precisa agora unha reforma.
O Xil CD comenzara esta tempada do 40 aniversario con moitas esperanzas, pero os resultados volvérono a situar no mesmo lugar dos anos anteriores, nas últimas prazas. Acabar entre os seis primeiros, obxectivo que o mesmo presidente recoñece que tiñan inicialmente, parece agora imposible, pero o que está claro é que o Xil vai a seguir cumprindo anos, quizais outros 40.
actos programados
A actual directiva do Xil CD non quere que este cuarenta aniversario se pase por alto na parroquia nin no concello e por iso ten previsto organizar un partido de carácter amistoso no campo de Boavista contra outro equipo da comarca. Un partido no que se porá en xogo o Trofeo 40 Aniversario do Xil CD.
Ademáis, tamén está en marcha a publicación dun libro dos 40 anos de historia do club, para o cal xa se están recopilando fotos e información. Un traballo que se dirixe desde o propio Concello de Meaño. n




















