Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Deportes

Deportistas de toda Galicia amosarán a “capacidade” de superarse en Fexdega

0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
620_dans_relojeros_redideal_251215_cristina
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara

O recinto de Fexdega acolle o sábado os XVII Xogos Autonómicos de Baloncesto Special Olympics que reúnen a 319 deportistas con discapacidade intelectual en representación de 21 asociacións de toda Galicia. Os máximos responsables da Asociación Con Eles, Geli Sayar e José Luis Queiruga, e de Fademga e Special Olympics Galicia, Eladio Fernández, presentaron onte en Vilagarcía o evento acompañados da edil de Servicios Sociales e Deportes Elena Suárez.
A xornada comeza ás 10.45 horas co acto de inauguración oficial, e ao longo de todo o día ata as 19 horas, cando está fixada a clausura, levaranse a cabo todas actividades deportivas relacionadas co baloncesto e de ocio. En Fexdega xuntaranse  preto de medio millar de personas, posto que as asociacións suman 74 adestradores e haberá uns 60 voluntarios.
Dende a Asociación Con Eles, que promove a iniciativa organizada por Special Olympics Galicia, agradecen a colaboración do Concello á vez que reivindican o dereito e a importancia que ten para as persoas con discapacidade intelectual poder disfrutar de este tipo de actividades deportivas. Na mesma línea, Eladio Fernández destacou a importancia de manter este tipo de actividades, tanto polo que representa para os propios deportistas coma para as súas familias, que constatan “a capacidad que teñen para esforzarse e superarse a través das distintas probas adaptadas”.
Os XVII Xogos Autonómicos de Baloncesto Special Olympics establecen tres niveis de competición, adaptando tanto o grado de capacidades intelectuais como físicas dos deportistas para formar “equipos homoxeneos” que permitan partidos onde prime a igualdade. Os dous primeiros niveis agrupan a deportistas con coñecemento das regras de xogo e da súa aplicación polos árbitros, así como con coñecemento do sentido de xogo en equipo. Diferéncianse na técnica individual e na capacidade para practica deportiva, en niveis alto e medio. No terceiro nivel, no inicial, os xogadores coñecen lixeiramente as normas, teñen pouca ou nula noción de xogo en equipo, e  a técnica individual e a execución de movementos son baixos. Coa estructuración por niveis e capacidades, os organizadores acadan o obxectivo de que todos dentro das súas posibilidades disfruten, compitan e se esforcen por superarse a si mesmos. Por iso todos os participantes reciben medallas e pasan polo podio.

voluntarios do bbc
O presidente do BBC, Isidoro Canabal, traballa na Asociación Asociación Con Eles e foi uns dos promotores na idea de organizar estes xogos de baloncesto. O propio equipo da Asociación leva o nome e os cores do Sigaltec Liceo BBC. A implicación nesta actividade do clube vilagarcián extendese ao voluntariado, xa que serán os integrantes dos seus diferentes equipos os que colaboren ao longo de toda a xornada para atender aos deportistas e organizar os partidos, as probas adaptadas de tiro, bote e pase, e as diferentes actividades de ocio que se levarán a cabo en Fexdega. Tanto a edil de Deportes como os organizadores a animan á xente a que se pase polo recinto o sábado para ver in situ o esforzo e o espíritu de superación de todos estos deportistas.

0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara