Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
O Salnés

SANXENXO - “SAL basase na credibilidade e non en palabrería. A xente ten que decidir si gobernamos”

0620_bonilla_redideal_251121_veronica
620_dans_relojeros_redideal_251215_cristina
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara

Gonzalo Pita encabeza de novo a candidatura de Sanxenxo Agrupación Liberal, tras catro como portavoz da segunda forza máis votada no municipio. A que remata foi unha lexislatura especialmente dura para Gonzalo Pita, convertido en moitas ocasións en centro da ira do grupo de goberno. Sen embargo, a súa perseverancia sitúan agora a SAL como unha forza non so consolidada senón preparada para arrebatarlle a Alcaldía ao Partido Popular.

Está satisfeito coa lista de SAL?
Moito. Hai unha parte que xa estaba na anterior e está especialmente preparada e logo hai incorporacións de todo tipo: xente nova, con ilusión e con ganas de cambiar moitas cousas.

Pensou hai catro anos que SAL chegaría a esta segunda convocatoria coa base social que agora ten?
Eu non pensei nin que me iba volver a presentar. O tempo e o equipo que vas facendo é o que marca estas decisións

E cando impón máis, antes ou agora?
Gústame plantexarme novos retos. A primeira vez era un mundo que descoñecía. Agora xa sei algo máis pero a responsabilidade é maior porque vexo que somos unha lista que imos a ter moito que decir nos próximos catro anos.

Cando se dou conta de donde se estaba metendo? Tal vez cos primeiros ataques nos plenos?
Dende o primeiro momento eu era consciente de que ibamos contra xente que levaba moitos anos en política. Eu era o primeiro en intervir nos plenos e os portavoces dos dous grupos de goberno, xuntos, teñen máis de 40 anos de experiencia. Algunha diferencia tiña que notarse.
Si utilizaron o descrédito personal, o sinto por eles. Eu sempre tiven claro que 1.600 votos me dan por lexitimado para defendelos.
Esas dúas persoas xa non se van volver a presentar e doulle as grazas por todo o que puden aprender deles.

Afectoulle anímicamente nalgún momento?
Moitas veces, pero non polos intentos de ataques personais, senón pola impotencia que se sinte ao ver como intentan converter o pleno nun circo. Eu nunca lles entrei a trapo, porque teño moi claro que vou aos plenos para defender os intereses dos veciños e non para convertir a política municipal nun circo.

Ademais de ter que escoitar que SAL era un sucedáneo do PP, tiveron que facer frente a crises internas, como a que provocou Cruz Barbeito. Como viviu aquela epoca?
Foi complicado, pero agradézolle moito que finalmente cedera a acta.

E a marcha de Paco Villaverde?
Sempre foi moi honesto. Dixo que iba a apartarse da primeira línea pasado o primeiro ano e así foi. Sigue aportando a súa experiencia pero dende un segundo plano.

Conseguiron eliminar esa etiqueta de que SAL é a marca blanca do PP en Sanxenxo?
Estou convencido de que si. Non hai nin unha soa persoa nin na direciva, nin no comité electoral, nin na lista que nos relacione con ese partido. O que se decide en SAL se fai por maioría e non nos debemos a ningún partido.
Outra cousa é que haxa xente á que lle interese facer ver outra cousa.

Pensa que poden arañar votos de descontentos co PP?
Trato de facer unha agrupación basada na credibilidade, en feitos e non palabrería. Unha lista preparada para gobernar e a xente é a que ten que decidir si somos a mellor opción e si podemos gobernar. O importante é que a xente confíe en nós porque non imos decepcionar ao noso electorado.

Falase moito dos pactos despois do día 24
Nós xa fixemos o que dixemos que ibamos a facer. Estes mismos comentarios xa os había hai 4 anos. SAL presentase para gañar as eleccións. Os nosos votos non vai servir para que veña outro candidato e se proclame alcalde. SAL ten un proxecto ilusionante, que pode variar a dinámica actual. Chegado o día 24 xa veremos o que sale das urnas pero, pase o que pase, o voto de SAL vaise facer valer.

Esto quere decir que non descarta ningunha alianza?
Con absolutamente nadie. Pode ser con calquera forza política. Pactaremos cos veciños e con quen nós consideremos que é mellor para Sanxenxo. Pero non hai nada prepactado como andan a decir por aí. O que teño claro é que os nosos votos non van ser para que o señor Telmo sexa alcalde.

Da certo respeto enfrentarse a un candidato como Telmo Martín?
En absoluto. Eu estou convencido de que Telmo Martín vai ser un bo líder da oposición e voulle pedir que me acompañe a todas as administracións nas que goberna o seu partido para pedirlles que fagan en Sanxenxo o que non fixeron en todos estos anos. E voullo pedir nos primeiros meses, mentres non deixe a Sanxenxo por outra moza mellor que lle poida aparecer.
O PP está a prometer infraestructuras demandadas. E teñen as administracións de man. Pensa que Sanxenxo volvería a estar en auxe cun goberno popular aquí?
Todos estes anos xa tiveron as administracións amigas; xa tivemos dous deputados no Congreso; xa lle tocara a lotería a Sanxenxo cando Rajoy ganou as eleccións. E para que serviu todo eso? Para nada. E quen garantiza que o PP vaia a conservar administracións como a Deputación? Penso que é momento de pensar en clave local e apostar por un cambio

E que ofrece SAL no seu programa?
Credibilidade e moita cercanía aos veciños para que vexan que o Goberno está ao seu servicio; e xestión con outras administracións de todo o que prometeron e non fixeron. Sanxenxo ainda ten moitos recursos que hai que xestionar.

E Gonzalo Pita?
Uff, non é fácil falar de un. Diría que frescura, honradez, ilusición, credibilidade e cercanía e agora tamén experencia.

0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara