Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
O Salnés

“Os mozos son sensibles á violencia de xénero, pero cústalles identificar a base, coma os micromachismos”

0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
620_dans_relojeros_redideal_251212_cristina
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara

Laura Castro leva varios días traballando con rapaces de Secundaria de institutos da vila nun proxecto de Igualdade para a prevención da violencia de xénero e ten atopado un dos puntos débiles da intervención nestas idades. “Os rapaces son conscientes e están sensibilizados co problema global da violencia de xénero e identifican actitudes machistas nas agresións, pero cústalles identificar os micromachismos, non son conscientes disto e dos estereotipos e incluso consideran que hai esaxeracións en cuestións como a cosificación do corpo da muller”, explica a animadora sociocultural experta en temas de xénero e igualdade.
Ao seu paso polos centros de Vilalonga, Sanxenxo e o Abrente ten comprobado incluso que, ás veces, as propias alumnas móstranse escépticas e poñen en dúbida cuestións como a existencia do micromachismo en determinados contidos e formas de actuar nas redes ou nos medios. “Ven a punta do icerbeg do problema, pero non a base do mesmo”, relatou.
Castro explica, e así llo trasladou aos estudantes, a influenza das redes sociais e un uso abusivo das mesmas ata tal punto de que hoxe están normalizadas cuestións que fomentan o machismo. “Por exemplo, no Instagram as rapazas síntense máis obrigadas a mostrarse e publicar e os rapaces a comentar e opinar sobre o corpo das mulleres”. É máis, “sorprendeulles”, segundo Castro, oír falar da linguaxe inclusiva, dos estereotipos cando falaron da publicidade e en bastantes casos “se mostraron en desacordo e buscaban saídas, indicando que iso tamén lles pasa aos homes”. Esta situación contraponse co coñecemento en xeral que teñen os estudiantes sobre conceptos como o “sexting” (envío de contidos de tipo sexual), o “grooming” (accións deliberadas por parte dun adulto de cara a estableecer lazos de amizade cun menor en internet co fin de obter unha satisfacción sexual mediante imaxes ) ou a “pornovenganza”. Non obstante, non son conscientes dos riscos que teñen as súas accións de cara a que poden chegar a ser víctimas destas situacións.
Todo isto púxose de manifesto nos debates cos que Castro pechou cada unha das sesións, que chegan hoxe ao seu fin no IES de Vilalonga, e nas que tamén se abordaron os mitos do amor romántico, no que os celos, as conductas de control, de sumisión ou as coaccións conforman unha relación desigual.
A metodoloxía empregada pola animadora baséase na participación e a interacción, pero tamén no visionado de vídeos e na entrega de material, así como na aportación de ferramentas para que saiban identificar os micromachismos e as situacións de desigualdade, os estereotipos de xéneros e tratar de no reproducilos. Ademais creouse unha unidade nunha web para que os rapaces poidan acceder aos contenidos das sesións posteriormente.
A concelleira de Igualdade, Sandra Fernández Agraso, mostrouse “moi satisfeita” co resultado. “A violencia de xénero é un problema social que precisa dun traballo conxunto”, engadiu.

0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina