Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
O Salnés

Reportaxe | Broche de ouro para “Coñecendo a biblioteca”

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O Concello do Grove clausurou a actividade extraescolar “Coñecendo e gozando a biblioteca” cunha festa de fin de curso que tivo lugar en Punta Moreiras. A actividade vense celebrando dende novembro de 2017 e nela participaron 46 nenos e nenas que o pasado venres recibiron o seu diploma acreditativo do bo aproveitamento do curso. 
Durante a tarde os rapaces e rapazas realizaron unha Gincana no Museo da Salga e arredores cunha temática moi concreta: coas tormentas dos últimos días abrirase un burato no mar de onde xurdiu o “Trasno Comegrobits”, polo que os nenos e nenas tiña que conseguir 12 amuletos (catro por grupo) para acadar un feitizo que fixera voltar o trasno ao buraco. Deste xeito, ademais de incidir na narrativa e no contar historias co que os cativos levan estes meses traballando, contribúese ao traballo en equipo, o compañeirismo e a amizade. 

Logo diso desenvolveuse a entrega de diplomas, facendo especial fincapé en que os rapaces e rapazas contaron cunha camisetas moi especial, deseñadas por eles mesmos, que incluían un símbolo que representa a unión entre a sabedoría e a natureza. 
Trátase dunha iniciativa que busca o fomento da lectura, pero tamén a transmisión doutros valores como o traballo en equipo e o respeto pola natureza. “Coñecendo e gozando a biblioteca” está a ter uns grandes resultados en apenas dous anos de experiencia cun maior número de rapaces participantes en cada edición.
O Concello trata cada no de enriquecer a proposta con novas alternativas e ideas que misturen distintos tipos de aventura e escenarios.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620