Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
O Salnés

O Grove - “Non imos mercadear cos votos; senón logramos unha maioría quedámonos na oposición”

0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara

Fai pouco máis de seis meses, José Antonio Cacabelos a punto estivo de tirar a toalla e darlle o relevo a outros compañeiros para sacar adiante o proxecto socialista. Sen embargo, as circunstancias políticas e persoais do agora candidato mudaron, e Cacabelos afronta a recta final da campaña coa ilusión de conquerir para o seu partido unha maioría que lles de autonomía para gobernar sen necesidade de pactos.

Por que decidiu logo seguir ao frente do PSOE?
Eu levo a política dentro. É certo que hai seis meses tiña a decisión tomada pero teño que recoñecer que tiven un gran apoio da executiva e da militancia e hubo cambios que me decidiron a continuar.

Axudou nesa decisión toda a contestación que tivo o PXOM?
A verdade é que nos puxo noutra realidade. As charlas cos veciños me fixeron reflexionar e axudaron moito a que mudara de opinión.

Vese de novo no sillón da Alcaldía?
Aspiramos a eso. Este momento é moi importante. O PXOM sigue en trámite e nós tomamos a decisión de non pactar con ningún dos que conforman o tripartito porque desde a nosa visión eles so poden gobernar xuntos e sacar así adiante o seu PXOM.
Nós aspiramos a ter outro apoio para plantexar un xeito de facer política diferente.

Co BNG e con EU xa gobernaron, habería cabida para un pacto con eles?
Buscariamos acordos puntuais. Pero penso que a xente está cansada de darlle a confianza a un partido e que despois todo sea negociable. Non queremos mercadear co voto do veciño. E tanto é así que senón conseguimos maioría para gobernar pasaremos outros catro anos na oposición.

Cal sería a primeira prioridade para o PSOE se gobernase?
O Centro de Día. É o que nos están a pedir os veciños. Despois preguntan qué PXOM vamos a facer. E logo semáforos e basura.

E que pensa facer co PXOM?
Un de mínimos, que quere decir que no casco urbano hai que recoller o que hai, coas alturas existentes e a poder ser eliminar o fora de ordenación. No rural que siga sendoo, definindo ben os núcleos tradicionais. Non abordar suelos a desarrollar e revisar as parcelas mínimas de construcción. Donde se poidan desarrollar suelos ampliando viais, facelo a través de licencia directa. E que recolla os equipamentos públicos. Esas serían as líneas básicas.

Non é pouco ambicioso? E será compatible coa lexislación vixente dar cobertura a todo o que está construido?
Para proxecto ambicioso o que sacou á calle a 4.000 personas. Se trata de recoller o que os veciños piden e é a única vía que nos vemos para sacar adiante o documento.
No Grove levamos 40 anos de democracia e 40 anos de desfeita urbanística. O PXOM ten que permitir poñer un punto e final e empezar de cero. Teremos que facer un esforzo e recoñecer o que hai e trasladalo ao documento.

E non pensa que eso pode ser incompatible con outra normativa urbanística?
Os técnicos que estamos consultando nos din que é totalmente viable. A capacidade para presentar o PXOM tena o Concello do Grove. Estamos convencidos de que a Xunta apoiaría un PXOM de mínimos como o que nos planteamos.
E os desarrollos faranse a través de  plan parciais que plantexen os propios propietarios.

Que pasaou na anterior lexislatura para que non puderan avanzar no PXOM?
Que os tempos na administración son lentos e tivemos que contratar un equipo a metade de mandato. Despois tivemos o POL. Pudemos ter feito máis? Non o vou a negar pero o que fixemos naquel mandato permite agora estar falando desto, o problema foi que o tripartito sacou o PXOM que eles quixeron e a xente lles dixo que non.

Será unha prioridade? Iría nunha lexislatura?
Agora todo o mundo fala de transparencia, información e participación pero o PSOE foi o único que abriu a súa sede para darlle todos os detalles aos veciños.
Xa avanzo que contratar un equipo redactor non é fácil e pode levar como pouco un ano: Hai que establecer as bases, habilitar partida... As decisións deste tripartito están afectando ao futuro.

A recisión do contrato foi un acordo plenario
Vale, pero hai que ser moi consecuente. Sabemos que hai que iniciar todo o proceso de contratación. Espero ter esa capacidade de sacalo adiante. Sería todo un éxito. Pero eu insisto na reflexión: Si a día de hoxe O Grove non ten PXOM hai que preguntarse por que, e a única salida que nós lle vemos é esta.
O que se presentou ata agora non convence: hai que apostar por outro modelo.

Hai que ter valentía política para presentar un PXOM?
Non se trata deso, senón de falar coa xente. A valentía queda ben de cara á galería pero non vale. Nós apostaremos por reunións cos propietarios e chegar a acordos. É unha cuestión de negociar. Participación e pacto social.

Como se artella a participación cidadán en temas como a elección da ubicación do auditorio?
Nós tiñamos unha opción moi clara que era o Cine Marino. Perdida esa opción non estamos para grandes promesas pero o auditorio é unha prioridade. Nola están a reclamar os colectivos. O que imos facer é poñer sobre a mesa tres ou catro posibilidades e poñernos en contacto coas asociacións para escoitalas.

E todas elas teñan as mesmas posibilidades urbanísticas?
Non. Para nós a mellor sería unha reforma global de todo o entorno da Casa da Cultura, cun aparcadoiro incluido. Urbanísticamente alí si se podería facer. Temos o Monte Central e a casa de don de Jacobo.

Pero como se garante a participación dos cidadáns?
Con reunións cos colectivos  como interlocutores válidos. Igual que cando se formou a ADM ou se convocou o Consello Local de Deportes para facer o pavillón. Este é un exemplo de como se deben facer as cousas.
Precisamente tamén a colaboración destes colectivos.

0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica