Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Vilagarcía

Anova esixe as desculpas de Dorgambide e o BNG o fin dos ataques á lingua galega

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A pinga que colmou o vaso. Iso foi para os concelleiros do grupo municipal do BNG as declaracións do edil de Seguridade Cidadá, Cholo Dorgambide, durante a sesión plenaria do luns, na que asegurou que “hablo castellano cuando me da la gana y gallego cuando me sale de los puntos suspensivos”.

O exabrupto, que percorreu as redes sociais, provocou o plante dos edís nacionalistas ao Pleno que se levaba a cabo en Ravella. O grupo que lidera María Villaronga explicou que a súa reacción foi “como protesta ás ofensas que o idioma galego sufriu ao longo de toda a sesión”.

Ofensas e ataques que, según o BNG, “se veñen producindo de forma sistemática dende que o bipartito do señor Fole chegou ao goberno”. Para soster as súas afirmacións, os nacionalistas ampáranse nun dos feitos que foi motivo precisamente do debate da Corporación: A traducción da obra musical “Os heroes de Orzán” do galego ao castelán.

Pero, ademais, os nacionalistas defenden que este tipo de políticas tamén se plasman “nas continuas elaboracións de cartaces e notas informativas por parte do Concello”.

O BNG considera que estos feitos supoñen que o Concello actúa “ignorando e denigrando polo tanto a área de normalización lingüística”. Pero van máis alá e din que o que aconteceu o luns en Ravella supón unha continuación das “políticas españolizadoras impostas polo PP nos diferentes gobernos nos que ten poder. Exemplo destas políticas serían o Decreto do Plurilingüismo na Galiza ou a Lei Wert elaborada polo goberno do Estado”.

Por elo, os edís do BNG enmarcan a súa postura do Pleno na intención de “denunciar unha vez máis á cidadanía os continos ataques que, tamén a nivel local, está a sufrir a lingua galega en Vilagarcía de Arousa”.

Os nacionalistas inciden en que “non podemos aceptar que os gobernantes se escuden na liberdade de expresión para denigrar o idioma” e sinalan que a situación do galego implica que debe ser “obxecto dunha discriminación positiva, que potencie o seu uso e non a súa desaparición”. Por elo, cren necesario que os representantes públicos empregen a lingua nai nas súas exposicións e esixen a Fole que “faga uso do seu departamento de Normalización Lingüística”.

A Irmandade Nacionalista de Vilagarcía, Anova, tamén mostrou a súa indignación polas declaracións de Dorgambide, ao que esixen desculpas “públicamente” e lamentaron que Tomás Fole e membros do seu equipo tomen a broma o emprego do galego nos plenos” .

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620