Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Vilagarcía

Varela promete ser “o alcalde de todos” ante un abarrotado Salón García

0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara

Alberto Varela recibiu onte a calor e o empuxe dos seus no último tramo da carreira cara a Alcaldía de Ravella. Os socialistas elixiron o Salón García para o mitin central de campaña no que o alcaldable estivo arroupado polo secretario xeral do PSdeG, Xosé Ramón Gómez Besteiro. Os aplausos e os gritos de “alcalde, alcalde” acompañaron a intervención do candidato socialista que fiou un discurso no que debullou boa parte do seu programa electoral. Foi un vídeo elaborado polos compañeiros de equipo baixo o hashtag #confioenalberto o que serviu de introdución ao alcaldable xunto cos vítores dun público entregado. “Levo moito tempo pensando que estaría aquí e nuns poucos días vou a ser alcalde e iso é moi ilusionante”, explicou cun tono optimista.
O socialista botou man de citas de Woody Allen e de Pessoa para vender un programa electoral que “está pensado para as persoas, para os cidadáns” e incidiu en que “teño 39 anos e moita enerxía e forza para liderar este proxecto”. En contestación ao candidato popular e actual alcalde, Tomás Fole, defendeu que el está en política por “vocación” e que leva “moitos anos traballando cos socialistas por un proxecto e un modelo de cidade”.
Alberto Varela defendeu o seu ADN vilagarcián para reivindicar que “o que pase co futuro desta cidade impórtame moito e quero formar parte del e axudar a construílo”. O socialista resaltou proxectos que ten en mente como “a ampliación do Hospital do Salnés en condicións ou a dotación dun novo centro de saúde para a cidade”. Ademais tamén quixo destacar que “existe outra forma de xestionar a política económica deste Concello e pasa por racionalizar os recursos e non só pola austeridade”.
Varela comprometeu un plan de reordenación do litoral, a rexeneración medioambiental e eliminación de vertidos ou reordenación dos espacios no peirao do Ramal. O candidato tivo palabras para os conflitos de Cuca e de Lantero advertindo que “eu non vou ser un alcalde covarde e vou estar cos traballadores”. Varela nomeou concretamente a dúas persoas: a Tania García, “temos moito traballo por diante, compañeira” e a Modesto Pose, “sempre me deu consellos de como facer política”.

"alberto o bo"
Xosé Ramón Gómez Besteiro mostrouse tamén moi optimista no seu discurso e arengou aos presentes con un “aquí pálpase o cambio e ese cambio vai pasar porque Alberto Varela vai ser alcalde”. O secretario xeral dos  socialistas fixo unha comparativa entre “Alberto o malo” (referíndose a Núñez Feijóo) e “Alberto o bo”, “por este que está aquí e que vai ser o vindeiro alcalde de Vilagarcía”. Besteiro definiu ao alcaldable como “ten alegría, ilusión e responsabilidade as que son características boísimas para gobernar”. Ademais garantizou que “Alberto non vai ser un alcalde que lle dea as costas aos veciños nin que diga que el non pode facer nada”, en referencia clara aos diversos conflitos veciñais e colectivos que tivo Tomás Fole durante os últimos catro anos de goberno.
O secretario dos socialistas galegos tamén arengou con un “non quededes na casa nin votedes á resignación. O cambio ten un nome que é o de Alberto Varela e un partido que é o Partido Socialista”.
“Novo, moderado e traballador” foron algúns dos calificativos que Besteiro regalou ao alcaldable que contou no encontro do Salón García coa presenza de socialistas doutros concellos da comarca como A Illa ou Vilanova, así como pesos pesados do partido en Vilagarcía como Joaquín Javier Gago, que foi aplaudido en varios momentos do acto.
O optimismo de Besteiro respecto aos resultados que o Partido Socialista pode obter en Vilagarcía foi en aumento e o secretario xeral incluso sinalou que “non só imos gañar Vilagarcía, senón que imos gañar a Diputación de Pontevedra”. Arengas que serviron para motivar un acto íntimo, pero no que se respiraba ganas de cambio.

0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica