Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ulla - Umia

Caldas - “Está todo, todo por facer. Estamos igual que en 2011”

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina

O caldense Fernando Pérez é o líder de Independentes por Caldas de Reis (ICdR), que nas anteriores municipais logrou aumentar o seu número de apoios con respecto ás de 2007, cando entrou na escena política municipal. O seu obxectivo é: “Darlle unha volta completa á política municipal” porque “está todo por facer”.

ICdR preséntase tras uns resultados electorais positivos nas anteriores municipais, cando logrou un aumento no número de votos. Cales son as súas expectativas para esta nova cita coas urnas?
Cambiar a dinámica deste Concello, é decir, pasar do abandono absoluto actual á xestión adecuada e dedicación aos veciños, e para elo temos que seguir crecendo en apoios, e por suposto, aspiramos a gobernar.

O seu partido tentou impulsar unha lista de unidade co obxectivo de desbancar ao Goberno, que pasou para que esta iniciativa non saira adiante?
O que sucedeu e que en Caldas a marea naceu en 2007. Fomos e somos un grupo de veciños sen vocación política inicial, nin segundas intencións e con diferentes visións, que estabamos fartos da forma de entender a política dos principais partidos. Agora vemos que non somos os únicos. Os partidos tradicionais están en decadencia por abusar da súa posición dominante, é decir, fomos, nese senso, uns adiantados. A iniciativa non saíu adiante, lamentablemente, porque a nosa é unha casa aberta e sen máis motivación que Caldas. A outras persoas o que lles preocupaba era que eses votos computaran para unhas siglas determinadas a efectos de Diputación e órganos superiores, e antepuxeron esto á posibilidade dun proxecto común, asambleario, aberto e libre para adoptar soberanamente as súas decisións.

Someteuse a unhas primarias e recibiu o apoio maioritario dos participantes. Como afronta esta tercera carreira cara á Alcaldía?
Con moitisima ilusión, cun equipo impresionante, o mellor, e con moito traballo e dedicación á casa de todos os caldenses. O noso lema é “Ti es a chave de Caldas” porque así o creemos. Caldas está perdendo un tempo precioso e ten que despertar, é o momento, non podemos seguir o camiño que marca este equipo de goberno, imos cara precipicio.  A xente xa nota no seu bolsillo a mala xestión dun goberno municipal no que sempre a pagan os veciños. Tamén temos claro que se Caldas quere unha candidatura e un partido de veciños e independente, ten que demostralo nas urnas. Algunhas veces persoalmente me plantexo se vale a pena traballar arreo, recibir acusacións falsas, recibir ameazas mediante anónimos, etc. Por iso é tan importante o resultado do 24.  
Cales son as liñas clave do seu programa?
Darlle un volta completa á política municipal deste goberno. Temos que potenciar o comercio e a industria, aprobar un PXOM, crear solo industrial, reducir os impostos e taxas, dotarnos de instalacións e equipamentos adecuados, dotar de servizos, especialmente de saneamento ás nosas parroquias, facer un mantemento adecuado de todo, zonas verdes, edificios públicos, pistas rurais, servicios municipais, potenciar o turismo, con dúas ferramentas básicas: termalismo e Camiño de Santiago, etc. Etc. Está todo, todo por facer. Todas as forzas políticas poderiamos repartir o programa electoral do 2007 e do 2011 posto que estamos igual que daquela.

O alcalde insiste en que a denuncia contra el foi impulsada polo seu partido.   
Tal e como obra en autos, non actuamos en ningún momento e temos certificado do noso abogado, nin fomos parte activa nos problemas xudiciais do alcalde, se o tiveramos que facer o faríamos e o asumiríamolo, pero como non, non imos permitir calumnias. Minte, o sabe e fainno para sacar tallada política, posto que nos considera o partido máis forte. O importante son os feitos, se se pagaron ou non dúas multas particulares con cartos de todos os veciños, como está acreditado que así foi, con conciencia do que se estaba a facer porque así figura nas hemerotecas. n

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica