Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Deportes

Os clubs de A Illa destacan “a labor que fai a Fundación” e “a súa importancia no pobo”

0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
620_dans_relojeros_redideal_251212_cristina
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara

“Queremos dar a coñecer a labor que fai a Fundación Deportiva Municipal”, explicaba onte o alcalde de A Illa Manuel Vázquez na rolda de prensa na que estivo acompañado polos dirixentes de diferentes clubs do Concello, pola presidenta da Fundación Paula Dios e pola concelleira Paula Suárez. “Gustaríanos que a xente coñecera todas as actividades que se están a facer dende a Fundación e como é o seu funcionamento”. Para acadalo nada mellor que facer balance do ano 2012, no que o organismo municipal que traballa da man cos clubs desenvolveu numerosas actividades dirixidas a todas as idades. Foron máis de 200 os deportistas que tomaron parte nos cursos de pilates, aeróbic, ximnasia de mantemento para a terceira idade, tenis ou patinaxe, actividades que se levaron a cabo durante o inverno. Mentres que no período estival foron os rapaces os verdadeiros protagonistas, así como as actividades e eventos propias dos clubs, xa que un ano máis tiveron lugar a Volta á Illa de Dornas a Vela, as regatas que organiza o Clube de Piragüismo, o Torneo de Ximnasia Rítmica e os campionatos de fútbol base organizados polo Céltiga.

Ademáis levouse a cabo unha nova edición da Festa do Deporte, na que participaron máis de 400 persoas. A Fundación destina unha partida importante de recursos económicos a axudas directas aos clubs, á vez que mediante o cobro de cuotas en certas actividades pode contar con algún monitor a media xornada para desenvolver ditas actividades. Tanto o alcalde e as concelleiras coma os representantes dos clubs destacaron onte a labor que fai a Fundación Deportiva e a importancia que ten na sociedade de A Illa. “A Fundación afórranos un traballo moi grande, ábrenos moitas portas no económico, fai unha labor social importante e gracias ao seu traballo posibilitou que naceran deportes”, explicou Arturo Paz, do Clube de Piragüismo. O presidente do Céltiga, Diego Gondar, tamén o dixo moi claro. “A xente ten que saber que os clubs estamos unidos e traballando na Fundación, calquera deporte que nacera no pobo sería benvido, é moi importante para os 5.000 habitantes de A Illa que a Fundación teña recursos para seguir adiante”. A concelleira do PP Paula Suárez, que forma parte da Fundación, destacou a importancia da Fundación para desenvolver e impulsar non só iniciativas para deporte base, senón tamén para “outras idades e sexos, ofértase deporte para adultos e para a terceira idade, todos somos partícipes do que aporta a Fundación”. O alcalde recordou que “o Clube de Ximnasia naceu na Fundación, da inquietude de ofrecer algo que motivara as rapazas, sabemos que estamos nun momento de dificultade económica, pero entre todos conseguiremos que se manteña a Fundación” facendo alusión á importancia da financiación privada que achegan a Asociación de Empresarios e tamén algunha asociación de mexilloeiros”.

0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina