Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
O Salnés

“O PP non ten nada de que desculparse. O BNG si, por non deixarnos gobernar”

0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica

Juan José González é veciño da Salga, de 61 anos, administrativo e actual xerente do Consorcio Provincial de Bombeiros. Concorreu nas listas populares en todas as eleccións municipais en A Illa, sendo candidato á Alcaldía nas tres últimas ocasións. Esta será a cuarta.

O PP tivo en A Illa o mellor resultado hai catro anos, como forza máis votada, a poucas papeletas do goberno por maioría absoluta. Arderán as calculadoras desta volta...
Cos mesmos resultados de hai catro anos, hoxe que hai máis edís, teriamos esa maioría absoluta. E a miña progresión como candidato foi sempre mellorando resultados: Nas primeiras eleccións comigo tivemos 1.100 votos, nas segundas 1.350 e 1.570 nas últimas.

E é posible repetir ou superar agora esa cifra e que o PP goberne por primeira vez en A Illa?
Verdadeiramente facémonos cargo de que é dificíl superala. Pero tamén sabemos que é o noso reto, porque se non temos maioría, xa sabemos o que pasou da outra vez.

Que empataron a edís co PSOE e que o BNG apoiu un goberno de esquerdas. E que por iso o concelleiro nacionalista tivo que sair escoltado da sesión de investidura ante o acoso de simpatizantes populares.
No PP entendemos que non fixemos absolutamente nada, nada, pero nada do que teñamos que arrepentirnos. Tampouco eu fun partícipe de nada, non lle dixen nada absolutamente a ninguén. Foi a xente, veciños cabreados, os que libremente cargaron contra el, do mesmo xeito que hai manifestacións cada día nas que se expresa libremente o descontento. E dixéronlle de todo, porque entendían que traicionara o que comprometera o BNG en campaña: Que ían deixar gobernar ao máis votado.
Pero o Parlamento de Galicia condenou que aquel concelleiro tivera que saír escoltado e algunhas voces pediron que o PP de A Illa se desculpase.
Non saeu escoltado por ninguén. Ata foi con el un concelleiro do PP... Que a Policía Local o acompañou porque o increpaban? Gritábanlle ao oído, pero ninguén lle levantou a man. Ademáis, eu non son quen para desculparme en nome               doutros veciños. Debo ser responsable dos meus actos, non dos dos cidadáns cabreados. Ao contrario, creo que el debera pedir desculpas por non ter feito o que predicaron na campaña.

E a relación co outro grupo, co de goberno do PSOE, como foi neste mandato?
Non houbo relación. O anterior portavoz, nas pasadas lexislaturas, sempre nos chamaba para os presupostos, para falar de posibles aportacións. Pero nestes catro anos, absolutamente nada.

Imaxino, pois, que non aproban a xestión da esquerda.
En xestión, cero. O goberno foi prisioneiro do BNG e dos seus acordos e houbo unha parálise total. O único que se fixo foi pedir cousas ao grande, un dique, un centro de saúde... Cousas que non dependen deles e ademáis sen ter unha relación coas demáis administracións. Veuse claramente que nunca tiveron intención de chegar a acordos nin coa Xunta, nin co Goberno central, nin coa Deputación: Ata lle chamaron ao presidente “asaltacamiños”... Sen respeto, sempre cunhas formas que non acercan nada.

E o PP que propón? Que lle fai falta a A Illa, na súa opinión?
Penso que ao final, aquí hai pouco por descubrir e todos sabemos o que precisamos. O porto será o fundamental. Necesitamos acabalo e seguir co espigón para pechar a dársena do Aguíncho, onde o PSOE quería un porto deportivo, para logo poñermos pantaláns dentro. Feito isto, poñeriamos o contradique actual máis a fóra.

Seguir co dique de pedra e mover o flotante?
Claro. Que de momento eran malos tempos para continuar co espigón? Bueno. Que temos a posibilidade de que nolo fagan? Pois temos aí o outro e podémolo poñer noutro lado. Por que imos dicir que non a este contradique, que uns quixeron e outros non, se ao final non sobra?

E máis alá de O Xufre?
Un pavillón de deportes, un centro para os maiores e ampliar o instituto onde o PSOE quere o centro de saúde. Nós apostamos por mellorar o actual ambulatorio na Casa do Mar, nun enclave moi ben situado.

Se o PP finalmente non goberna, que pasará con Juan José González?
Se non logramos maioría absoluta, seguramente deixaríalle paso a outros compañeiros. Porque se á cuarta non se consegue unha maioría isto significaría, ademáis, que baixo en votos e rompo esa tendencia ascendente da que falabamos.

0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos