Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Deportes

El Xuven visita mañá ao Narón do MVP Marcos Sanesteban

0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara

O Xuven pecha mañá a primeira volta da fase regular de EBA co partido ante o Narón en terras ferroláns (18.30 horas). O líder invicto visita ao conxunto do MVP Marcos Sanesteban, xogador máis destacado da categoría o pasado ano que neste lidera o apartado de anotación cunha media de 16 puntos por encontro. Sanesteban é o referente e líder do Narón, aporta en todas as facetas por iso ten máis de 20 de valoración por partido. O pívot local captura case 10 rebotes por encontro e está por riba do 50% en tiros de campo. Secundado por José Luis Otero e Guillermo Pereiro, incorporacións que fixo o Baloncesto Narón esta tempodara, Marcos Sanesteban tira do carro nun conxunto que perdeu a Nicola Bodic antes do Nadal. O Baloncesto Narón ven de gañar os dous últimos partidos, en Ourense 45-76 e contra Chantada na casa por 85-61. Dous triunfos incontestables que fan unha idea do bo momento polo que atrevesa o conxunto que entrena Suso Varela. Este ano empezou con aspiracións máis altas logo de acadar a permanencia in extremis no exercicio anterior. O frouxo inicio de campionato fai que o Baloncesto Narón fixe a permanencia de maneira tranquila como o seu obxectivo nestes momentos. Rubén Pino, por lesión, será baixa mañá para recibir a un Xuven que espera acadar o seu décimo triunfo consecutivo.

cea baile de entroido

A cena baile de entroido que todos os anos organiza o Xuven de Cambados xa ten data, será o vindeiro 16 de febreiro nas Adegas Martín Códax en Vilariño ás 23 horas. As entradas xa están á venda e o precio é de 35 euros para socios e 40 para os non socios. A gran cea baile de entroido do Xuven contará nesta ocasión coa actuación da Studio21 Discotecas Móviles .

0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica