Xerez venceu a Cambados na loita por ser Cidade Capital Europea de 2014, pero a rivalidade entre ambas localidades rematou no momento en que emitiu o veredicto. A cidade gaditana e a vila do albariño aproveitaron a ocasión para estreitar lazos e, así, o alcalde cambadés, Luis Aragunde, invitou aos membros da delegación xerezana a acudir á próxima Festa do Albariño, unha invitación que foi recíproca. Para Aragunde, Xerez e Cambados non son rivais, senón que considera que na final que tivo lugar en Italia “triunfou España, que deu mostras do seu potencial e paixón contaxiosa polo viño”.






















