Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ulla - Umia

“Nunca en Catoira se vendeu tanto un libro. É algo inaudito”

0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
620_dans_relojeros_redideal_251212_cristina
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara

“Querido amigo, aunque no te conozco te trato como tal. Fui médico en Catoira y hace un par de días me llamaron para decirme que se había publicado un libro muy interesante en el que yo estaba también representado. Lo compré (...). Esa foto a toda página en la que estoy junto con Merucho, Chucha y mi esposa es impresionante, está llena de alegría y optimismo. No la recordaba (...) Al ver tu libro me han venido a la memoria una serie de vivencias y no he podido remediar hacerlas patente (...), pero lo importante es felicitarte muy sinceramente por tu espléndido trabajo, hecho con amor, sacrificio y trabajo, que es como únicamente se hacen bien las cosas”.

Con estas palabras dirixíase por escrito a Pepe Castaño hai tan só uns días un descoñecido para el. Carlos Pérez, que no seu tempo exerceu como médico en Catoira e ao que lle chegaron novas sobre o recén publicado. Estas verbas non son máis que un exemplo do que “Aquela xente de Catoira” está a significar para as persoas que forman parte del, sexan veciños da vila ou de calquera outro recuncho. Emocións e recordos que enchoupan de novo aos protagonistas ou aos seus descendentes. E só así se explica o enorme éxito da publicación. “A xente emociónase con este libro”, fala del en tertulias e nos bares, todo un acontecemento na vila. Sen que fixera falta presentación algunha, só mediante o boca a boca, a obra converteuse en imprescindible para os veciños. “Xamais en Catoira se vendeu un libro tanto. É algo inaudito, non recordo nada igual”, di Castaño, “agradecido” a todos os que non deixan de felicitalo e acuden día si e día tamén á librería a buscar o seu exemplar. Pero non só en Catoira. En Santiago, A Coruña, Pontevedra, Vilagarcía —onde a editorial xa tivo que repoñer existencias varias veces—, Madrid, Buenos Aires... As peticións chegan dende os lugares máis insospeitados. A través das redes sociais, por carta ou en persoa. Algo abraiante. “Todo o mundo quere ter este documento na súa casa” porque se ven reflexados nel, teoriza o autor, que rexeitou calquera beneficio económico derivado da venta do libro. “Houbo un editor que confiou no proxecto” e seus son todos os dereitos.

A Castaño Dios chégalle co recoñecemento dos seus veciños, esa é a verdadeira satisfacción para el. “Todo o mundo acepta” a obra, a pesares de que “non é un libro rosa. En ningún momento quixen maquillar nada, senón ser fiel” ás historias narradas pola xente. Así, a publicación “recolle o que me contaron e tal e como mo contaron, incluso actuacións das que algunhas persoas non deben sentirse orgullosas”.

0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina