Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Vilagarcía

A opción de casar polo rito castrexo, novidade da Feira Celta deste ano

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A posibilidade de casar polo rito castrexo é unha das novidades que se introducen este ano na Feira Celta que se celebrará no parque da Xunqueira con motivo das festas de Santa Rita. A iniciativa permite a aquelas parellas que así o desexen asinar o seu amor diante dun druída experimentado e nunha cerimonia que emula ás que os celtas facían hai séculos. Estas cerimonias non teñen ningún tipo de validez legal, pero en palabras da propia concelleira de Cultura, Sonia Outón, “pode haber parellas ás que lles faga especial ilusión apostar por este rito simbólico”.
Para ser protagonista destes casamentos hai que poñerse en contacto coa organización desta Feira Celta a través da súa páxina de Facebook (Feira Celta Vilagarcía). As cerimonias serán o sábado ás oito da tarde e o domingo a partir das dez, todas no parque da Xunqueira e coa súa debida ambientación.
Máis de 50 artesáns
A Feira Celta de Vilagarcía arranca mañá ás seis da tarde e estará operativa ata o martes, día propio de Santa Rita. Serán máis de 50 os artesáns que participarán nunha proposta que busca a comuñón non só co entorno do convento de Vista Alegre, senón tamén coa zona próxima do Castro Alobre.
      Ademais dos postos ofertando diferentes produtos tamén haberá unha zona de “photocall”, con atrezzo fundamentalmente castrexo, para todos aqueles que de maneira totalmente gratuíta queiran sacar unha foto.
      A maiores dende a organización da Feira Celta animan a todos aqueles que o desexen a caracterizarse de celtas e castrexos e a deixarse ver pola feira da Xunqueira. Todos eles, que teñen que identificarse na xornada do sábado e do domingo á unha da tarde,  recibirán un tíquet para participar nun sorteo dos diferentes agasallos donados por establecementos colaboradores.
     En total son máis de 100 as persoas que colaboran activamente para que esta Feira Celta, que xa se está a converter en todo un referente nas festas de Santa Rita, sexa todo un éxito.
Cabe recordar que de xeito paralelo tamén hai animación temática e actividades para os máis pequenos da casa.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620