Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
O Barbanza

“Tiven agarrado a Jacobo das mans ata que un forte trallazo do mar nos separou”

0620_bonilla_redideal_251121_veronica
620_dans_relojeros_redideal_251215_cristina
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara

Juan José Bermúdez Romay, “Pateño”, sobreviviu ao naufraxio da embarcación “Sefi G” e pode contar mellor que ninguén o que sucedeu. Onte ao mediodía recibiu a alta hospitalaria en Urxencias. Está moi afectado pola traxedia que, polo de agora, mantén desaparecido ao outro tripulante do barco e que levaba tres semanas con él -incluso vivindo na súa casa-, o sonense Jacobo Hernández Rego. Aos seus 33 anos e despois de ter faenado en zonas coma no Índico, Gran Sol e A Antártida, afirma que o luns viviu o susto máis grande da súa vida.

–¿Como se desenvolveron os feitos que acabaron con vostede e o compañeiro na auga?

–Demos o primeiro lance ben e cando fomos a recoller as nasas do polvo xunto ao illote de Insuabela, onde había ondas de tres e catro metros, virámola ben. Antes de botarlle a man á boya estudiei como traballaba e como rompía o mar e ao recollela e dárllela ao compañeiro en popa. Levantei a vista e, de repente, non sei de onde saiu esa parede de 8 metros que nos golpeou na proa. Quixen subir por enriba dela, dándolle todo o gas posible, pero o barco non puido superala. Ao volcar, Jacobo saiu despedido e eu quedei debaixo da ponte, collín unha bafarada de aire e empecei a bucear para buscar ao meu compañeiro.

–¿Chegou a ver nalgún momento ao outro tripulante?

Estou moi tocado mentalmente, pois esperto chorando e escoitando como Jacobo
me berra, dicíndome
“Juan, Juan”

–Abrín os ollos, vin a claridade que viña da superficie e cheguei xunto o compañeiro. Díxenlle que nos agarrásemos das máns para manternos a frote. Recibimos novos golpes de mar, con moitos impactos na caluga coma se nos estivesen dando cun pau. Era algo impresionante, e en calquera momento nos podía dislocar. Aínda así, tiven agarrado a Jacobo das mans un par de minutos ata que un forte trallazo do mar nos separou. Él berraba o meu nome e eu decíalle que estivera tranquilo, que e se quitase as roupas de auga e botas, como xa fixera eu, e nadase cara as pedras onde menos rompese, pero non foi capaz. Pasoulle un flotador do barco moi cerca e lle dixen que se agarrase, pero non puido. Tentei nadar cara él, pero a forza do mar foino metendo entre augas no medio da espuma branca, o perdín de vista e deixei de escoitar a súa voz. Chorei moito. Cando o perdín, acordeime moito da miña filla Alba -de 2 anos-, pois escoitaba como chamaba por min. De feito, a familia me dixo que nunca preguntou tanto por min coma o pasado luns.

–¿Cal foi a súa reacción cando perdeu o contacto visual e auditivo co compañeiro?

–Púxenme algo nervioso e empecei a gritar por él, algo que me fatigou moito. Quedei en calzóns, pero pouco me importaba como me viran, o importante era que me atopasen. O mar seguía rompendo con forza e foime levando, golpeándome na caluga e mandándome dunha rocha a outra ata que cheguei a terra, ao abrigo da illa Vionta.

–¿Como se atopaba físicamente cando tocou terra?

–Estaba moi canso e cheguei a pensar varias veces en que morría. Amarreime a unha pedra, cunha perna sangrando e cun nocello lastimado, froito dos golpes a caídas. Alí quedei ata que sentín o helicóptero. Fíxenlle sinais coa man, pero non me debeu ver. Empezaron a aparecer barcos pola zona e viron o casco da miña embarcación, que estaba volcada e semiafundida e ía cara o medio da ría. Intentaron acudir a recollerme cos barcos, pero era imposible arrimarse a min pois o mar batía moi forte. Tivo que ser o ‘Pesca I’ o que me colleu e subiu con cable.

–¿Cales foron as primeiras palabras que lle dixo aos seus rescatadores do helicóptero?

–Díxenlles que antes de marchar dalí que mirasen polo meu compañeiro, pero tanto o piloto como os seus axudante me indicaron que non había nada que agardar e que tiñan que trasladarme ao hospital pois estaba con hipotermia. Unha vez me deixaron no complexo de Oleiros, volveron ao lugar do naufraxio a buscar polo chaval, que podo dicir que era exemplar, pero polo de agora non apareceu. Esa é a pena máis grande que teño e non o consigo superar. Estou moi tocado mentalmente, pois esperto chorando e escoitando como Jacobo me berra, repetíndome ‘Juan, Juan’. É moi duro. Terei que meterme en mans dun especialista que me axude a superar todo esto.

–¿Cómo foi a súa evolución no Hospital do Barbanza?

–Desde que cheguei a Urxencias, me fixeron placas, un TAC e outras probas, e como tiña hipotermia me cubriron con plásticos e mantas e puxéronme quentadores nos pes. De tanto sufrir, de gritar e de loitar contra o mar, os médicos notaron que o corazón estaba moi danado, como se envellecera vinte anos de golpe.

–¿Como se presenta o futuro?

–O que agora necesito é tranquilidade, que apareza o meu compañeiro para que se acabe esta angustia. Non teño gañas de ir máis ao mar. Estou moi asustado e non sei o que vou facer. Nin a min, nin a miña familia nos gusta que anden a dicir que nós non estabamos enrolados e que non tiñamos a Seguridade Social, pero eso é algo que non me permitiría o dono do barco, que é o pai da miña moza, e que sempre mira de que faga as cousas polo legal, polo ben de todos.

0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara