Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Deportes

O Arosa decide por unanimidade ofrecerlle a renovación a Otero

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
620 X 50 LICEO LAPAZ

Tan só 48 horas despois de rematar a liga, co amargo sabor que deixou quedarse ás portas do play-off, a directiva do Arosa reuniuse para analizar a temporada e decidir “por unanimidade” ofrecerlle a renovación ao adestrador Jorge Otero. “Todos estamos dacordo que el é a nosa primeira opción, estamos moi satisfeitos co seu traballo e queremos que teña continuidade”, di o presidente Manolo Abalo. Onte o equipo levou a cabo a última sesión de adestramento e o clube xa quere traballar de cara ao proxecto do vindeiro ano. E este pasa por cerrar o acordo co adestrador de Nigrán, que xa manifestou esta mesma semana boa predisposición  para continuar. 
“Tratarei de falar con el esta mesma semana, para tratar de chegar a un acordo”, explica un Abalo que non cree “nos proxectos a corto prazo” e explica que “a nivel de resultados os anos de Otero foron moi bos, co sexto e o quinto posto, hai que valorar o traballo e a persoa”.  Onde si parece que haberá cambios e obrigados é na dirección deportiva que levou este ano Eduardo Carregal. “Comunicoume que non quere seguir, tratei de convencelo pero a cousa está moi dificil. Haberá que buscar outra persoa”.
O presidente xestionaba onte unha cea de final de temporada para este mesmo venres para despedir ao plantel a abonarlles o último mes de maio.  Dende que chegou á presidencia, Abalo caracterizouse por armar proxectos sólidos e de continuidade, sen demasiados xiros deportivos. Tanto Jose Luis Uhía “Piscis” como Lino González dispuxeron de tres temporadas ao fronte do equipo, aínda que este último cesou no seu terceiro ano. Agora todo indica  que Otero tamén terá a súa particular triloxía, como mínimo, na Lomba.

CD Ribadumia
Onde tamén se traballa nun proxecto de continuidade é na Senra. A directiva está moi contenta co traballo feito polo adestrador de Vilanova Luis Carro, e existe “boa predisposición polas dúas partes”, según explican dende o clube, para prorrogar o acordo. A nova directiva de Antonio Serantes, con Félix Pérez como máximo responsable do apartado deportivo, deulle a oportunidade de adestrar en Terceira a Carro, e este aproveitouna. “Foi un ano complicado e demostrou a súa valía”, di o propio Pérez. En Ribadumia confían tamén en poder darlle continuidade ao plantel. “Ás veces é máis importante o trato que o aspecto económico, tratamos de facer as cousas ben".

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620