Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
O Barbanza

Un tesouro de 248 hectáreas de terra e máis de 2.300 de riqueza no mar

0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_dans_relojeros_redideal_251212_cristina
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara

A uns tres quilómetros de terra fronte á costa riveirense, pero ao tempo case na mesma boca da Ría máis famosa do mundo, Sálvora é visible case desde calquera punto de Arousa.
Corazón do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas, é ao tempo unha das súas pezas fundamentais, xunto aos arquipélagos de Cortegada, Ons e Cíes, que integran nesta rede de especial protección ambiental aos municipios de Riveira, Vilagarcía, Bueu e Vigo.
Sálvora conta cunha superficie de 248 hectáreas terrestres, que se amplían e converten en 2.309 se falamos da riqueza estendida no seu amplo anel de costa vinculada ao illote. É a maior illa do arquipélago ao que presta o seu nome, que completan illotes como Vionta, Con de Noro, Herbosa, Rúa, Insuabela, Gaboteira, As Sagres e As Forcadiñas.
A posición privilexiada e a riqueza medioambiental levan a Sálvora, á vez, a ser recoñecida tamén na Rede Galega de Espazos Protexidos dentro da Zona de Especial Protección dos valores Naturais-Completo Húmido de Corrubedo, así como a súa inclusión na Rede Natura 2000, tamén da man do Complexo de Corrubedo. Igualmente, está incluida en áreas protexidas por instrumentos internacionais, como o Convenio para a Protección do Medio Ambiente Mariño do Atlántico do Nordés (Ospar), que cataloga as Illas Atlánticas de Galicia.

como descubrila
Hai un listado de empresas náuticas que ofrecen viaxes en catamarán á illa e esta é unha das opcións favoritas dos turistas durante os meses estivais.
Unha vez na illa, existen rutas e sendeiros sinalados ou delimitados que permiten ir percorrendo os puntos de interese centrais. Así, un dos recuros principais para a visita da illa é a chamada Ruta do Faro. Duns 1,2 quilómetros, percórrese nuns trinta minutos e ofrece ao visitante a posibilidade de descubrir recunchos da illa como a praia e as dunas do Almacén, Sirena de Sálvora, Pazo de Sálvora e o faro.
A catalogación como Parque Natural esixe, iso si, un absoluto respeto ás normas medioambientais.

0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina