Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
O Salnés

O catedrático Xosé Ramón Pena recibirá o Cabanillas polos estudos e edicións da súa obra

0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica

O catedrático Xosé Ramón Pena Sánchez recibirá este ano o Premio Cabanillas polos seus estudos e publicacións sobre a súa obra, tanto na súa de escritor como de director da colección Biblioteca das Letras Galegas de Xerais. A entrega terá lugar o 3 de xuño no Auditorio da Xuventude, ás 20 horas e, como sempre, haberá actuacións musicais, aínda por pechar. Así o informaron onte o concelleiro de Cultura, Víctor Caamaño, e máis os donos das librarías Contos e Ramón Cabanillas, Beba Moldes e Ramón Domínguez. O galardón cumpre 14 entregas e será a segunda edición conxunta. “Non sentiamos –o cuatripartito– esa especie de competición e aínda menos cando o premio dos libreiros tiña máis antigüidade”, manifestou Caamaño respecto a que, ata entón, había dous premios co nome do poeta da raza. 
A elección do betanceiro, catedrático da Universidade de Vigo, foi por unanimidade e pon nome a un dos obxectivos da convocatoria que é premiar tamén “o terreo dos estudiosos e técnicos que coñecen a súa obra e axudan a divulgala ás veces nun ámbito menos próximo á sociedade en xeral”, explicou o edil. Segundo o libreiro Domínguez, Pena adicoulle numerosos ensaios a Cabanillas e levou a cabo o estudo e edición de obras como “Da terra asoballada” da que precisamente cúmprese este ano o centenario e o Concello fará algo especial polo Día das Letras Galegas. Ademais fixo xunto a Xosé María Dobarro “Poesía galega completa” do autor cambadés . “Son tres os poetas aos que máis estudos lle adicou, pero Cabanillas é o seu preferido”. 
A entrega terá lugar o 3 de xuño, coincidindo coa efeméride do nacemento do poeta e a partir de entón, Pena entrará na nómina de premiados entre os que tamén están os cambadeses Blas e Xoán Silva, Alonso Montero, o xa desaparecido Luis Rei, Emilio Ínsua, Maribel Iglesias, etc. l

0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos