Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Vilagarcía

Poucas incidencias ante o temporal máis esperado

0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara

Foi moita máis a alarma que o que realmente fixo o temporal na comarca do Salnés. Nada que ver coas incidencias provocadas pola cicloxénese explosiva, “Gong”, hai tan só uns días. Vilagarcía e o resto dos municipios anexos, especialmente os costeiros, blindábanse o luns ante a a alerta vermella anunciada polo servizos de meteoroloxía.

O vento empezaba a soprar moi forte ao fío das doce da noite cunha choiva que, en diferentes partes da xornada, rozaba o pedrazo sen chegar a callar de todo. E é que o que realmente protagonizou o martes foron as baixas temperaturas que, alomenos ao peche desta edición, aínda non deixaran neve nas zonas máis altas como o monte Castrove ou Xiabre.

a flota permaneceu amarrada en todos os peiraos da ría de arousa ante a alerta vermella anunciada por meteogalicia

Meteogalicia anunciaba que os fortes ventos e a choiva máis intensa empezaría a notarse pasado o mediodía, pero o certo é que na comarca incluso chegou a saír o sol sobre as catro da tarde. Dende a Xunta, pese a todo, suspendíanse todas as actividades ao aire libre, sobre todo nos colexios e centros educativos, coa intención de evitar algún risco provocado polos refachos de vento.

escasas incidencias

Como medida preventiva a flota permaneceu amarrada durante toda a xornada e, pese á marexada, non se lamentaron embarcacións á deriva.

O maior número de incidencias foi a causa dos fortes refachos de vento. Caída de colectores do lixo na vía pública, de sillas nas terrazas dalgúns establecementos hosteleiros e tarefas preventivas para evitar o atasco do alcantarillado foron os incidentes que centraron as actuacións dos servizos de Emerxencias en toda a comarca

A incidencia máis salientable foi a derivada dos desprendemento dalgúns cables da luz eléctrica que deixaron sen suministro a moitas vivendas de Vilagarcía. De todos xeitos, como o temporal foi moito máis virulento de madrugada a falta de electricidade non influíu nas tarefas cotiás dos salinienses.

na illa

Por outra banda o BNG da Illa alertaba sobre a necesidade de acometer algún tipo de actuación no coñecido como Porto do Cantiño. Dende a agrupación lembraban o acontecido o pasado sábado e advirten que “cada vez que sopra vento do norte os mariñeiros e os bateeiros teñen que escapar do pobo, xogarse a vida para conservar as súas embarcacións ou rezar aqueles que crean por se lles serve de algo”.

O que os nacionalistas insulares reclaman é precisamente que se dote a este espazo dunhas instalacións “dignas” para que os mariñeiros non teñan que amarrar as súas embarcacións “a un anaco de papel”.

O certo é que ninguén saiu onte a faenar, dado que para a costa das Rías Baixas se aventuraban ondas que podían acadar, segundo Meteogalicia, ata oito ou nove metros de altura.

0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica