O GROVE - O Náutico de San Vicente promociona en Gran Bretaña a Regata Illas Atlánticas de clásicos

O Club Náutico San Vicente aproveitou a súa visita a Irlanda como parte da comitiva de Portos de Galicia e outros clubes galegos como o de Portnovo, Muros ou La Marina de A Coruña, para afianzar sos seus contactos e traballar sobre o terreo para captar visitantes e participantes para a Regata Illas Atlánticas.
Na recepción do Royal Cork Yacht Club fíxose un intercambilo de grimpolas para selar os acordos de irmanamento entre ámbolos dous clubes, de tal xeito que xa varias embarcacións clásicas manifestaron a súa firme intención de vir este mesmo mes de agosto a participar nesta regata.
No acto participou o vicepresidente do Club Náutico San Vicente do Mar, Ignacio Montenegro, e o General Manager, Gavin Deane, do Royal Cork Yacht Club, quenes mantiveron unha xuntanza na que se afondaron as relacións entre ambas entidades.
Durante o transcurso desta expedición tamén aproveitaron para iniciar relacións con Kindsale Yatch Club, na que foron recibidos por Finbarr O`Regan, comodoro desta entidade náutica, que amosou un gran interés na regata que se promociona desde San Vicente e na que participan barcos clásicos e de época.
Trala viaxe, o vicepresidente do Náutico de San Vivente manifestou que se sente realmente satisfeito polo traballo realizado e considera moi productiva esta visita casi relámpago na que puido afianzar as relacións con varios clubes e cos seus socios obtendo así unha maior relación.
O Real Club de Yates de Cork foi fundado en 1720 e é o náutico máis antigo do mundo. Fundouse como Water Club of de Harbour of Cork polo IV conde de Inchiquin. En 1872 cambiou o nome a Cork Harbour Yacht Club e continuou o seu periplo no mundo náutico ata a súa fusión con el Royal Munster en 1966 para adoptar a súa nomenclatura actual. Orixinalmente ubicouse na illa de Haulbowline, pasando logo a Cobh e máis tarde a súa ubicación actual en Crosshaven.






















