
A aposta pola recuperación e posta en valor da illa de Sálvora gañou terreo nos obxectivos da Xunta nos últimos anos. A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio ven de aplicar este ano unha importante batería de proxetos e inversións para a mellora ambiental, paisaxística, histórico-cultural e turística da illa, un dos tesouros recoñecidos dentro do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
Así, unha das tarefas máis destacadas das practicadas neste exercicio en Sálvora foi a aposta pola consolidación da aldea da illa. Foi unha primeira fase, porque o interese da administración autonómica é continuar a poñer en valor este patrimonio, pero durante meses traballouse xa en actuacións de mellora e recuperación das vivendas, a retirada de residuos e a recompilación de útiles, como poden ser potas, caldeiros, cubertos e pezas de mobiliario.
A intención é que estes obxectos poidan ir constituíndo un fondo que se vaia ampliando para así organizar cada vez exposicións máis completas de cara ao público. Só nestas actuacións, Medio Ambiente invertiu máis de 230.000 euros e a supervisión dos traballos incluíu unha visita este verán da conselleira, Beatriz Mato, á propia illa, donde tamén puido comprobar os traballos dunha acción de voluntariado.
Os proxectos de recuperación patrimonial siguen pola procura de financiación para adecuar a Fábrica da Salgadura, o antigo bar e o icónico faro, ademáis do resto de vivendas e hórreos. Todo isto xoga un papel fundamental na búsqueda da declaración de Sálvora, no seu conxunto, como Ben de Interese Cultural (BIC).
divulgación
Paralelamente á mellora ambiental e patrimonial da illa, Medio Ambiente programa diferentes accións para aumentar a divulgación, promoción e coñecemento das riquezas de Sálvora.
Deste xeito, neste ano puxéronse en marcha varias rutas e visitas guiadas gratuitas tanto a esta illa riveirense como a Cortegada, incluidas elas e os seus arquipélagos no mesmo Parque Nacional das Illas Atlánticas.
O programa quere animar a toda a cidadanía a coñecer valores destes enclaves naturais, procurando facer as saídas fóra da tempada turística máis alta, evitando así o verán. Con iso, e grazas á menor afluencia de visitantes, preténdese descubrir as illas desde outro punto de vista, complementando o tirón turístico que durante a canícula espertan entre os turistas, cada vez máis, lugares como estes, que conxugan atractivos naturais, paisaxísticos e histórico-patrimoniais.
A todo iso hai que sumar as ideas e proxectos expositivos, campañas de divulgación das illas e medidas de mellora da súa calificación, xestión e declaracións de protección do illote ubicado no corazón da Ría.




















