Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
O Salnés

Xidoiro, Jidoiro ou Guidoiro? As pesquisas no illote chegan ao topónimo

0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_dans_relojeros_redideal_251212_cristina
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara

“Jidoiro-Areoso”. É o nome máis escoitado na Arousa para referirse a un dos illotes máis famosos e que agochan un importante xacemento arqueolóxico. Pero, cal é o termo axeitado vén sendo materia de controversia nos últimos anos, porque este convive con alomenos dúas formas máis: Xidoiro e Guidoiro. 
Aínda que o primeiro manda na oralidade e o segundo estase a coar na escrita, coidan que o orixinal e máis recomendable é o terceiro: Guidoiro. Así o publican os investigadores do proxecto GuidoiroDixital nunha nova aportación a través do seu blog e redes sociais que, desta volta, en lugar de centrarse nos aspectos históricos, arqueolóxicos e xeolóxicos deste cordón litoral, mergúllanse na toponimia do lugar. 
A gheada
A culpable das dúbidas na nomenclatura, sinalan, é a gheada, o estendido fenómeno lingüístico que no oral cambia o son “gue” polo da iota castelá, algo, por outra parte, moi característico nesta zona xeográfica. 
Así, Guidoiro transformouse primeiro en “Jidoiro”. E así perdurou no tempo ata que, nun intento de corrección, aparecu o “xe”: Xidoiro, ao igual que no rescate doutros topónimos mal castelanizados como “Jinzo”, trocado correctamente cara o orixinal “Xinzo”. Isto é, simplemente cambiouse a “j” pola “x” ao ter conciencia de que o nome estábase a deturpar pola gheada. Pero unha das teorías máis estentidas polos estudosos vén a situar “Guidoiro” como nome primeiro: A gheada actuou, pero no intento de corrixila apareceu unha terceira forma en lugar de volver á orixinal.
Esta teoría cobra forza se se toma en consideración a hipótese máis aceptada en canto á orixe do propio topónimo. 
Segundo os investigadores de GuidoiroDixital, para Moralejo e Santamarina, “o topónimo ten a súa orixe en ‘Guiadoiro’, do gótico ‘wida’, ‘guía’. Se isto é así, o nome dos illotes proviría de serviren de guías ou guiadoiros na navegación ou como axudas para situar caladoiros”. En engaden que “parécenos unha explicación bastante máis acaída que a doutro autor que propón, por mor da simple similitude na pronuncia, unha suposta orixe céltica, a partir de Gaoth Dobhair, que significa esteiro, brazo de mar”, concluyen en GuidoiroDixital.
Este e outros avances nas pescudas sobre o illote poden ampliarse a través da web https://guidoirodixital.wordpress.com/,. O proxecto leva anos recompilando e realizando imaxes, sondaxes, medicións e traballos sobre a erosión en O Areoso, da man de investigdores do CSIC,  Incipit e universidades de Durham e de Santiago de Compostela. l

0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina