Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Vilagarcía

“É unha sorte que alguén che deixe entrar na súa vida e descubrir a Historia a través dela”

0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica

Foron mañás de café e cervexas nun antigo local da Baldosa os que xuntaron por primeira vez a Fernando Salgado e a Stergios Patakioutas, máis coñecido como “Patachuta”. Eran os primeiros anos da década dos 90 e daquela era unha relación de olladas, sen palabras. Foi o destino o que quixo que case vinte anos despois os dous cruzasen as súas vidas para deixalas unidas para sempre no primeiro libro de Fernando Salgado. O de Fernando son as palabras e, sobre todo, as historias. Xornalista de profesión sumerxiuse hai agora dous anos na historia vital de Stergios, un home cuxos 83 anos percorren a cara máis humana e, á vez, máis tráxica, da historia de Europa.

Como entra Fernando Salgado na vida dun auténtico descoñecido?
Foi casualidade e eu achácoo ao destino (risas). Eu escoitara falar del en varias ocasións, pero nunca tiveramos a oportunidade de falar. Coincidín un día co fillo e plantexeille a idea de facer unha reportaxe sobre seu pai. Reuninme con el na súa casa e aí, entre bromas, foi donde se artellou todo. Eu son dos que, cando unha persoa maior fala, utilizo a técnica de calar e escoitar.

Escoitar unha historia moi dura...
Si. Aquel primeiro día que saín do seu piso, despois de dúas horas, era como se saíse dunha atmósfera distinta. Realmente toda a súa vida é un percorrido pola historia, unha viaxe por sitios descoñecidos, pero coa súa relevancia. El domina varios idiomas e nomeábame lugares que, ao chegar á casa, eu buscaba en Google para desprender qué historia agochaba cada un deles. O libro mestura as dúas cousas. A súa vida e tamén anacos da historia que a condicionaron e sen os que a primeira non podería entenderse.

Sen desvelar moito o contido... Quen é Stergios Skrimbas?
É un home que viu como Europa se desangraba. Que o sacaron da súa casa con 13 anos e que estivo en varios campos de concentración en países distintos. Perdeu a seus pais e a varios irmáns de forma tráxica. Cruzou o Atlántico e viviu en Estados Unidos, namorouse en Arxentina para rematar en España, en Vilagarcía.

E o título...
O título vén dunha expresión que sempre lle dicía súa irmá: “Tú dejaste pasar los elefantes y te quedaste con las hormigas”... e el mesmo recoñece que se ten sentido como unha formiga na guerra. Descríbeo moi ben cando fala... apunta a que “no éramos dueños de nuestro destino. Nosotros no teníamos absolutamente nada”.

0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos