Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Sanxenxo 

O BNG reclama a promoción da colección de niños do Profe Hermida

Os niños do Profe Hermida
Os niños do Profe Hermida
Cedida
beowner620V2
COLIMA 620
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O BNG de Sanxenxo advirte da situación de “abandono” na que se atopa un dos grandes tesouros naturais e patrimoniais do Concello: a colección de niños doados á administración local polo mestre Xosé Manuel Hermida (Profe Hermida), no ano 2009. Esta herdanza, composta no seu día por máis de 70 unidades de 25 especies diferentes, “fica na actualidade totalmente esquecida nun almacén, sen que o goberno do Partido Popular fixera nada na última década por darlle a importancia que esta doazón realmente merece”, lamentan os nacionalistas

O voceiro, Octavio González, e a edil Estrella Martínez pasaron revista aos niños que todavía fican gardados e advirten que varios deles xa tiveron que ser retirados definitivamente, debido ao seu deterioro absoluto. Esta situación, lembran desde o BNG, non é nova. Os niños formaron parte dunha exposición no Centro de Interpretación da Telleira, inaugurada en decembro de 2010, pero “rapidamente quedaron alí esquecidos”.

Lembran que coa chegada do tripartito, a entón responsable de Cultura, a nacionalista Sandra Fernández Agraso, buscou alternativas para promocionar a herdanza do Profe Hermida. Antes da cesión da alcaldía a Telmo Martín, proxectouse un espazo no Centro Sociocultura do Revel, unha actuación que o Partido Popular botou abaixo. “Son xa practicamente dez anos de esquecemento destes niños. Estamos a falar dunha herdanza única e inédita, na que o Profe Hermida investiu moito amor, tempo e dedicación”, apuntan desde o BNG, quenes lembran tamén que o mestre comezou esta particular colección a principios da década dos 80. Antes de facerse cos niños, corroboraba de xeito minucioso que cada un deles xa estaba abandonado polas aves.

Por todo isto, reclaman ao goberno a recuperación e promoción desta colección única que honra a memoria do Profe Hermida. 

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620