O Concello de Sanxenxo rematou as obras interiores e do exterior do centro socioeducativo das Lagoas
As obras interiores e exteriores do centro socioeducativo das Lagoas en Vilalonga xa remataron. O alcalde, Telmo Martín, firmou esta semana a recepción dos traballos do edificio municipal, que albergará un ciclo de FP Dual, un centro social de maiores e unha biblioteca, será equipado nos próximos meses. A intervención no se centrou só na funcionalidade, senón tamén na eficiencia enerxética xa que o edificio conta con paneis solares, iluminación led e unha envolvente renovada con novos aillamentos e carpintería exterior. O resultado das obras é un espazo moderno, sostible e pensado para as necesidades formativas, culturais e sociais.
No que antes era o ximnasio do colexio agora habilitouse un centro social de 375 metros cadrados, que na súa pranta baixa terá a nova biblioteca, con 185 metros cadrados, que incluirán zona de estudo, espazo infantil, ordenadores, arquivo e aseos un patio axardinado para lecturas ao aire libre, presentacións de libros ou actividades infantís. Ambos espazos teñen accesos y servizos propios. Nas prantas superiores, que suman máis de 1.000 metros cadrados, ubicarase o ciclo de FP Dual de Hostelería y Restauración, con aulas polivalentes, obradoiros de cociña, restaurante e un bar de prácticas. E leva ascensor para conectar todo.










