Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Sanxenxo

Arredor de 400 persoas berran na manifestación en Sanxenxo que “a balaustrada non se toca”

As personas que secundaron a protesta apelaron á memoria e ao valor patrimonial dese elemento de pedra

O acto de protesta na localidade sanxenxina estivo moi concurrido
O acto de protesta na localidade sanxenxina estivo moi concurrido
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Arredor de 400 persoas, segundo a organización, se sumaron a última hora da tarde de onte á manifestación convocada por Plataforma Veciñal SOS Balaustrada de Pedra para expresar o seu rexeitamente á retirada dese elemento do Paseo de Silgar dentro dunhas obras que entrañan cambios no mesmo. O obxectivo que se marcan os convocantes protexelo baixo o lema ‘a nosa historia, a nosa identidade, a nosa memoria’.

No transcurso de dita movilización deuse lectura a un manifesto no que se comezou indicando que “o patrimonio cultural pertence aos pobos e o patrimonio cultural en Galicia está vencellado á pedra”, e que “a pedra son os castros, a Catedral de Santiago de Compostela e a Muralla Romana de Lugo” e que “tamén o é a balaustrada de pedra da praia de Silgar”.

No manifesto defendeuse que “toda esa pedra, como parte da nosa identidade, supón unha grande riqueza, pero tamén unha grande responsabilidade, a de defendela dos depredadores, dos ignorantes ou dos insensibles, eses que non viviron a súa infancia na praia de Silgar e sentaron na súa baranda a tomar un xeado ou mesmo ver pasar a vida”. Nese sentido, insistiuse en que “sen a memoria non somos nada, nin nada importa”, e que por isa razón “para eses insensibles, sustituir ese material vello de pedra por outro novo de metal, supón unha mellora, unha modernidade. E como resulta que teñen poder, pensan que temos que apraudir e calar. ¡Pois non!”, subliñaron desde a referida plataforma veciñal.

“Ese vello material, esa vella pedra, vella con ‘b’ e con ‘v’, é parte da nosa vida, e non imos consentir que ninguén veña a esnaquizala. Coñecemos ben as desfeitas do mirador de Caneliñas, do buraco na antiga praza de abastos, da praia da Panadeira ou da praza dos barcos e o seu antiteatro. ¿E agora vaille tocar á balaustrada de pedra do paseo de Silgar?”, incidiuse durante a lectura do manifesto, para acabar derrando que “non o imos consentir” e que o pobo di alto e forte, e de xeito repetido que “¡a balaustrada non se toca”.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620