Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Vilanova

Os últimos traballos no campo da S.D. Chispa completan a inversión nos tapetes municipais

Visita ao campo de fútbol da S.D. Chispa en Corón
Visita ao campo de fútbol da S.D. Chispa en Corón
Cedida
beowner620V2
COLIMA 620
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Vilanova encara a recta final das obras de renovación do céspede artificial do campo de fútbol da S.D. Chispa en Corón, unha actuación coa que rematará a renovación dos catro campos de fútbol municipais da vila. Os traballos están practicamente finalizados e o novo tapete estará dispoñible para o uso do club nos vindeiros días.

A actuación en Corón supón un investimento de 216.116 euros -139.294 euros da Deputación de Pontevedra mediante o III Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas e 76.821 euros da Xunta- completando así un proceso de renovación de todos os tapetes municipais nos últimos seis anos que, en conxunto achégase ao millón de euros invertidos.

As intervencións levadas a cabo nos outros tres céspedes -O Terrón, As Chans e Monte da Lomba- permitiron modernizar progresivamente as instalacións deportivas de Vilanova e mellorar as condicións nas que os clubs e, especialmente, os rapaces desenvolven a sua actividade deportiva.

“Era unha responsabilidade que tiñamos e, co remate desta obra, queda renovado o tapete de todos os campos de fútbol municipais”, sinalou o alcalde durante a súa visita ao lugar, quen puxo en valor o esforzo do concello con esta actuación. 

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620