
O BNG anunciou hoxe que presentará nos concellos da comarca do Salnés e na Mancomunidade unha moción para reclamar á Xunta de Galiza a retirada inmediata da represa construída no río Umia, á altura de Cabanelas, por considerar que supón unha “nova e grave agresión ambiental”.
A estrutura, construída con terra e pedras, ocupa todo o ancho do río e máis de vinte metros de lonxitude, “alterando o curso das augas e dificultando o movemento e a reprodución das especies piscícolas”, opinan. O BNG alerta tamén do “posible risco de inundacións río arriba”.
A formación nacionalista lembra que esta actuación está vinculada á captación de auga para a illa da Toxa e denuncia que a Xunta “volve primar os intereses privados fronte á protección do río Umia, fundamental para o abastecemento de boa parte da poboación do Salnés”, censura.
O BNG reclama á Xunta eliminar a represa, cumprir o acordo aprobado por unanimidade no Parlamento galego en 2016 para buscar alternativas ao abastecemento da Toxa e presentar un informe sobre as actuacións realizadas para protexer o río.
Augas de Galicia analiza sea actuación cumpre cos requerimentos emitidos nos informes para a autorización.












