Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
A Illa

A Escola de Adultos de A Illa oferta cursos para mellorar a empregabilidade

Programan un de ensinanzas activas, outro de obtención do título de ESO e un terceiro de competencias clave

Vista de la Casa Consistorial de la localidad
As inscripcións poden facerse no primeiro andar do Consistorio
| Mónica Ferreirós
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50
beowner620

A Escola de Adultos do Concello de A Illa de Arousa oferta tres cursos de formación para ampliar competencias, facilitar a obtención do título de ESO e mellorar as oportunidades de emprego. Así o avanzou hoxe o tenente de alcalde, o nacionalista Manuel Suárez, indicando que a Concellaría de Educación e Igualdade continúa ofertando para este vindeiro curso 2026-2027 “unha proposta dirixida a persoas que desexen ampliar a súa formación, adquirir novas competencias e mellorar as súas oportunidades laborais”.

O Curso de Ensinanzas Activas (Formación Básica Adaptada) está orientado a ampliar capacidades e competencias e a favorecer a aprendizaxe. A oferta inclúe tamén o curso para a obtención do título oficial de Graduado en ESO 2026-2027, especialmente pensado para aquelas persoas que desexan continuar a súa traxectoria formativa ou mellorar as súas opcións de incorporación ao mundo laboral.

Finalmente, o Curso de preparación para o Certificado de ‘Competencias Clave 2026-2027’ está destinado ás persoas que non dispoñen do título de Graduado en ESO e que necesitan adquirir estas competencias para poder acceder a diferentes oportunidades formativas e laborais, entre elas cursos do SEPE, cursos da Xunta de Galicia e outras accións de formación vinculadas ao mundo laboral.

A concelleira de Educación e Igualdade, Lidia Barreiro, salientou, pola súa banda, que “a formación é unha ferramenta fundamental para abrir portas e xerar novas oportunidades”.

Neste sentido, destacou a importancia de ofrecer á veciñanza diferentes vías para continuar aprendendo, actualizar coñecementos e facilitar o acceso a novas experiencias educativas e profesionais. Desde a Concellaría animan especialmente a quen teña pendente a obtención do título de ESO, a informarse sobre estas oportunidades formativas. As persoas interesadas poden realizar a súa inscrición no primeiro andar do Concello ou solicitar información a través do teléfono 986 527 080.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620