Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Meis

Toño Diz: “Queremos falar de familias que loitan, pero tamén do poder transformador do deporte”

A explicación das actividades, no Concello |
A explicación das actividades, no Concello |
Mónica Ferreirós
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50
beowner620

O Concello de Meis acolleou hoxe a presentación oficial das ‘Xornadas de Leo’ que, por primeira vez e como acción complementaria á solidaria ‘Carreira de Leo’, centrará intervencións sobre as enfermidades raras, o deporte adaptado de a inclusión. Serán os días 9, 10 e 11 de setembro, en Meis, tal e como destacou  a alcaldesa, Marta Giráldez.

Desde a organización, Toño Diz salientou que “queremos falar de investigación, de familias que loitan cada día, pero tamén queremos falar de capacidades, de oportunidades e do poder transformador do deporte para cambiar a mirada da sociedade”.

Nas xornadas “estarán con nós as asociacións CTNNB1, a Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva, que son as entidades beneficiarias da recaudación deste ano e que tamén representan a realidade das enfermidades raras e a importancia de seguir investigando”, indicou Diz. “Teremos tamén experiencias de deporte adaptado e inclusión da man de entidades e proxectos como o Celta Integra, Aselnova, Discamino, Yo corro por Lúa, Empujando Sonrisas ou Somos Marines”. “E teremos a sorte de contar con persoas que son auténticos referentes, exemplos de superación e compromiso, como son Desirée Vila e Pedro Nimo, que son os padriños da carreira desta edición”.

“Pero por riba dos nomes, das actividades, das exposicións, documentais” y demás acciones, quieren “algo máis sinxelo: que quen veña a estas xornadas saia do auditorio cambiando a súa mirada, valorando máis a súa realidade e comprendendo mellor a dos demais. Que un neno, por exemplo, poida entender que unha cadeira de atletismo adaptado non é unha barreira, senón unha ferramenta para poder correr”, dixo Diz.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620