Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Vilanova

Dr Feelgood, Principles of Joy e Cinelli Brothers, entre os grandes nomes do cartel do Vilablues

O festival, gratuito, bota a andar este venres con dous días repletos de concertos e outros actractivos lúdicos

Un intre da presentación do programa
Un intre da presentación do programa
| Mónica Ferreirós
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50
beowner620

Vilanova dará inicio este venres a segunda edición do Vilablues que terá lugar por segundo ano consecutivo na localidade. As principais actuacións do festival desenvolveranse no Escenario Xacobeo, ubicado no Multiusos, pero tamén haberá pasa-rrúas, concertos nos parques e nas prazas, jam sessions na Cofradía e actividades para os cativos no Auditorio e na Estación Marítima.

O Vilablues preséntase como un festival aberto, no que teñen cabida moi distintos xeitos de entender a música negra: dende o blues máis clásico ata o rhythm & blues, o soul, o góspel, o country-folk, o bluegrass ou rockabilly. Un festival que ten por obxectivo “converter a Ría de Arousa no corazón do blues atlántico, fusionando cultura, música e territorio”, sinalan os seus organizadores.

O cartel da primeira xornada desta XI edición está encabezado por Dr Feelgood. A banda británica, fundada a principios dos 70, segue sendo unha das formacións de R&B máis apreciadas en todo o mundo. A formación actual conta con dous dos fundadores do grupo (Kevin Morris na batería e Phil Mitchell no baixo) aos que se engade o retorno do guitarrista Gordon Russell, que xa formara parte do grupo durante os 80. Na programación deste venres destaca tamén The Cinelli Brothers, un cuarteto londinense que representa á nova xeración de músicos apaixonados que comparten o amor polos sons auténticos. Así como a de The New Orleans Gospel Choir, que achegará ao Vilablues a súa colección de grandes clásicos do xénero. O cartel do venres inclúe tamén dúas destacadas presenzas galegas, a de Rockin´Gina and The Sentinels, unha banda que toma as súas influencias dos sons máis puros e das grandes voces femininas dos anos 50, e o retorno de Best Boy, a banda de música fronteriza que hai dez anos formaran Ángel Sánchez e Lucas Fernández.  

A programación deste venres complétase cun pasarrúas a cargo de Vilanova Orleáns (formación na que participan músicos de The New Orleans Gospel Choir e da Escola de Música de Vilanova), coa que se abrirá a xornada, as sesións de Beti de la Church, Crebinsky e Duendeneta Djs, e, tralos concertos, unha jam session no escenario de A Cofradía.

O sábado

Principles of Joy son un dos grandes atractivos da segunda xornada do Vilablues. A banda francesa é unha das formacións de soul contemporáneo máis populares de Europa, cun estilo que se caracteriza por abordar unha gran variedade de sons clásicos do soul e o northern soul con influencias do hip hop e da psicodelia e mesmo achegamentos á pista de baile.  Sobresae tamén a confluencia da cantante Martha High, quen durante varias décadas foi corista de James Brown, que no Vilablues presentarase acompañada polo Julilán Maeso Organ Sextet; e o cantante e guitarrista Fede Aguado, un dos nomes históricos do blues en castelán, xunto á súa banda Fierablues. A representación galega na segunda xornada correrá por conta de Mad Martin, referencia do rockabilly en Galicia, que no Vilablues fará un concerto especial con numerosas colaboracións; Ruxe Ruxe, a banda de rock que dende 1996 lidera Vituco Neira; e Too Sweet & The Criers, que non é senón o  alter ego máis bailongo do músico de blues compostelán Adrián Costa.

O sábado 29 complétase coas sesións dos Djs Little & Kaiser, FonkyOmar e Peligro, e coa jam na Cofradía tralos concertos. Esta edición do Vilablues contará ademais con cunha serie de actividades de balde para os cativos enmarcdas no Vilablusiños a cargo la escola de arte vilanovesa, Caliveras. Alí, os máis pequenos poderán customizar instrumentos musicais, realizar a sinalización do evento, pintar un mural, un pasarrúas e gozar de actuacións musicais de temática máis infantil.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620