Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Vilanova

O Mexillón de Vilanova segue á alza e “comeza a achegarse aos niveis do Albariño”

O Concello fala de “éxito rotundo”, con 3.000 comensais diarios e 7.750 quilos de marisco durante catro días

Despacho de comensais durante a recente edición desta festa |
Despacho de comensais durante a recente edición desta festa |
Mónica Ferreirós
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50
beowner620

O Concello de Vilanova fixo hoxe un balance moi positivo da recente XXXII Festa do Mexillón e o Berberecho, que o goberno local califica de “éxito rotundo”. O alcalde, Gonzalo Durán, asegurou que “estamos achegándonos cada vez máis aos niveis de presenza na vila que ten Cambados durante o Albariño”.

As cifras de visitantes e comensais rexistrados na carpa gastronómica durante os catro días da festa “avalan o éxito dunha edición que volveu superar as expectativas”. Ao longo das catro xornadas consumíronse preto de 1.200 quilos de mexillóns e 600 quilos de berberechos diarios, cunha media de preto de 3.000 comensais cada día durante as case oito horas que dou servizo a carpa gastronómica, indicaron.

En termos globais, a celebración permitiu alcanzar unhas cifras globais especialmente salientables, con preto de 7.200 quilos de bivalvos consumidos por máis de 12.000 persoas que degustaron as elaboracións con estes produtos locais.

“Un balance que confirma o crecente interese que esperta esta cita gastronómica, tanto entre a veciñanza como entre os visitantes que se achegaron a Vilanova de Arousa durante a fin de semana”, valoraron.

Máis actividades

A actividade comercial e cultural tamén tivo un importante protagonismo durante a fin de semana. A XXII Feira de Oportunidades, organizada pola asociación Vilanova Centro durante os días 7, 8 e 9 de agosto na Avenida do Recheo, “segue a ser un gran clásico das citas comerciais das comarca, con moi boas cifras de recadación durante a primeira mañá de apertura”.

Pola súa banda, a procesión marítima na honra da Virxe do Carme volveu a converterse nun dos momentos máis emocionantes do verán vilanovés. O sábado 8 de agosto, máis de 50 embarcacións acompañaron á virxe dos mariñeiros durante o seu percorrido pola Ría.

O alcalde salientou especialmente a multitudinaria asistencia aos concertos de Panorama, Treixadura e Roi Casal, así como esa gran participación na procesión marítima.

Sinalou que, tras a obtención da distinción nacional, a festa está a achegarse aos niveis de afluencia que se rexistran durante unha das grandes citas gastronómicas da contorna, caso do Albariño, subliñan desde o Concello.

Pola súa banda, Javier Tourís, incidiu novamente na tendencia positiva que vive a celebración, especialmente nas elevadas cifras de afluencia diaria rexistradas na carpa gastronómica, con “máis de 3.000 comensais diarios”. Un dato que, “evidencia o crecente interese pola gastronomía local e pola propia festa, tanto entre os veciños como entre os visitantes”. “O concerto de Panorama foi incrible, Treixadura non defraudou e Roi Casal é un clásico xa no programa cultural de Vilanova de Arousa”, sinalou ao facer balance. Consideran que as propostas musicais incluídas no programa estival ‘Sonatas de verán 2026’ contribuíron de maneira moi positiva á gran resposta do público durante a fin de semana grande do municipio nun grande verán.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620